Daniel Rodríguez García, coñecido como Dani Rodríguez, nado o 13 de febreiro de 1984 en Esplugues de Llobregat, Barcelona, é un xogador profesional catalán de baloncesto. Actualmente xoga para o Chocolates Trapa Palencia da Liga LEB Ouro, no que xoga na posición de base cunha alzada de 1,82 metros.
Traxectoria deportiva
- CB Monzón (EBA, 2003–2004)
- CB Tarragona (LEB, 2004)
- Lleida (ACB, 2004)
- Melilla (LEB, 2004–2006)
- Gestibérica Vigo (LEB 2, 2006–2007)
- Huesca (LEB Prata, 2007–2008)
- CB Tarragona (LEB, 2008–2010)
- UB La Palma (LEB, 2010–2011)
- Cáceres (LEB, 2011–2012)
- Força Lleida (LEB, 2012–2013)
- Breogán (LEB, 2013–2014)
- Palencia (LEB, 2014–2017)
- Melilla (LEB, 2017–2018)
- Real Betis (LEB, 2018–2019)
- Palencia (LEB, dende 2019)
Véxase tamén
Ligazóns externas