Levitec Huesca
|
|
Información xeral
|
Liga
|
LEB Prata
|
Fundación
|
1977
|
Historia
|
CD Peñas Recreativas de Huesca (1977–1996)
|
Cores
|
Verde, branco
|
Presidente
|
Antonio Orús
|
Adestrador
|
Sergio Lamúa
|
Patrocinador
|
Levitec
|
Localización
|
Cidade
|
Huesca, España
|
Pavillón
|
Palacio Municipal
|
Capacidade
|
4 906
|
Inauguración
|
1994
|
cbphuesca.com
|
O Club Baloncesto Peñas Huesca, tamén coñecido como Levitec Huesca por motivos de patrocinio, é un club profesional de baloncesto español con sede na cidade de Huesca, Aragón. Fundado inicialmente como Club Deportivo Peñas Recreativas de Huesca en 1977, non se constituíu legalmente até 1981. Competiu na liga ACB un total de 12 tempadas co obxectivo de eludir o descenso. Actualmente participa na Liga LEB Prata, onde xoga os seus partidos como local no Palacio Municipal, pavillón con capacidade para 4 906 espectadores.[1]
Historia
O club foi fundado como Club Deportivo Peñas Recreativas de Huesca no verán do ano 1977 (aínda que constituído legalmente o 24 de agosto de 1981), cando as "peñas" da cidade se adheriron ao proxecto de crear un equipo profesional de baloncesto. Esta entidade oscense comezou a súa andaina na tempada 1977-1978 na Terceira División e, aos poucos, foi ascendendo até chegar á Liga ACB na tempada 1983-1984.
O debut na ACB saldouse cun descenso pero no curso baloncestístico 1985-1986, tras un ano afastado da elite, o Peñas consolidouse como equipo ACB, iso si, sempre co obxectivo anual de salvar a categoría. Tras conseguir a permanencia nunha eliminatoria contra o Festina Andorra en 1996, os directivos do club víronse obrigados a vender a praza de ACB ao Baloncesto Fuenlabrada, xa que a situación económica era insustentable.
Ese ano o club é refundado Club Baloncesto Peñas Recreativas de Huesca, e dese xeito, a seguinte tempada disputou a primeira edición da LEB, contando cun orzamento baixo. A tempada non foi boa, aínda que logrou manterse na categoría. No entanto, o Peñas abandonou a LEB trala salvación, mantendo unicamente en competición os seus equipos de canteira na tempada 1997-1998. Na seguinte tempada, o equipo sénior inscribiuse na Liga EBA e obtivo bos resultados durante o tempo que permaneceu nesta categoría. Nos anos 2003 e 2004, o club oscense xogou a fase de ascenso á LEB 2 aínda que non logrou subir de categoría, feito que finalmente se produciu en 2005 ao saír vitorioso da fase final do campionato disputada en Palencia. Tras varios anos en EBA e LEB Prata, no ano 2010 o club ascende á segunda categoría, a LEB Ouro, na cal compite actualmente.
Patrocinios
Por motivos de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:
- Magia de Huesca (1985–1990)
- Huesca La Magia (1990–1992)
- Argal Huesca (1992–1994)
- Somontano Huesca (1994–1995)
- AGB Huesca (1995–1996)
- Iberagentes Huesca (2000–2002)
- CAI Huesca (2002–2004)
- CAI Huesca La Magia (2004–2007)
- CAI Huesca Cosarsa (2007–2008)
- Lobe Huesca (2008–2013)
- Magia Huesca (2016–2017)
- Levitec Huesca (2017–presente)
Xogadores
Destacados
Palmarés
Copa LEB Prata
- Campións (1): 2010
- Subcampións (1): 2006
Historial
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas