Dana Wynter, nada en Berlín o 8 de xuño de 1931[1][2] e finada en Ojai, California o 5 de maio de 2011, foi unha actriz alemá, cunha longa carreira internacional iniciada na década de 1950.
Traxectoria
Educouse en Inglaterra e na adolescencia foi vivir a Suráfrica, iniciando estudos de Medicina na Universidade Rhodes. En 1956 recibiu un Globo de Ouro á mellor actriz revelación, en conxunto con Anita Ekberg e Victoria Shaw. En 1981 divorciouse do seu marido, Greg Bautzer, con quen tivo un fillo, Mark Ragan Bautzer, nado o 29 de xaneiro de 1960.
Filmografía
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas