César Ríos

Modelo:BiografíaCésar Ríos

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de setembro de 1915 Editar o valor en Wikidata
Hevia, España Editar o valor en Wikidata
Morte9 de outubro de 1997 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmineiro, maquis Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata
Participou en
24 de abril de 1942Congreso de Ferradillo Editar o valor en Wikidata
Familia
ParellaAntonia Rodríguez López Editar o valor en Wikidata
IrmánsArcadio Ríos Rodríguez Editar o valor en Wikidata

Los de la sierra: 6877

César Ríos Rodríguez, Puritano, nado en Hevia (Siero) o 6 de setembro de 1915 e finado en París o 9 de outubro de 1997, foi un mineiro e guerrilleiro antifranquista.

Traxectoria

Traballou como mineiro no pozo de Pumarabule e foi membro do Sindicato de Obreros Mineros de Asturias (SOMA-UGT). Con 16 anos era un dos dirixentes das Juventudes Socialistas. Participou na revolución de Asturias de 1934 e foi detido. Saíu en liberdade a finais de 1935. Logo triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936 foi vicepresidente do Comité comarcal das JS de Siero. Na guerra civil foi tenente do Batallón 227 de Asturias e profesor da Escola de Suboficiais de Noreña. Ao caer Asturias en outubro de 1937 fuxiu ao monte co seu irmán Arcadio. O seu pai estivo preso e ao ser posto en liberdade marchou a Francia, onde foi detido e internado nun campo de concentración alemán, onde faleceu; os seus irmáns Manuel e Silvino foron fusilados en Asturias.

Participou no intento de fuga desde a praia de El Puntal (Asturias) en xaneiro de 1939, abortado pola Garda Civil. En maio de 1940 formou parte da expedición de dezaseis compañeiros que partiron de Asturias con dirección a Portugal, que logo de enfrontarse coa policía portuguesa tiveron que repregarse a Galicia. En abril de 1942 participou no congreso de Ferradillo que deu lugar á constitución da Federación de Guerrillas de León-Galicia; formou parte do Estado Maior e mandou a I Agrupación Guerrilleira até 1946. Colaborou en El Guerrillero co pseudónimo Sembrador. En outubro de 1948 embarcou con 29 guerrilleiros socialistas (entre eles a súa compañeira Antonia Rodríguez López) no porto de Luanco no barco fretado por Indalecio Prieto desde Saint Jean de Luz. En Francia residiu en Narbona e Bedarieux (Herault) onde traballou como mineiro. En 1951 trasladouse a París, incorporouse ás Seccións da UGT e PSOE e traballou como axudante sanitario nunha clínica. Coa fin da ditadura franquista visitou España e en 1985 participou na gravación dun programa da serie Vivir cada día de Televisión Española titulado “Tres octubres”, onde relatou a súa experiencia guerrilleira.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. pp. 1116–117. ISBN 84-8485-231-8.