Cynthia Ann McKinney, nada en Atlanta (Xeorxia) o 17 de marzo de 1955, é unha política estadounidense.
Traxectoria
McKinney foi membro polo Partido Demócrata da Cámara de Representantes dende o 1993 até o 2003 e de 2005 a 2007, representando ao cuarto distrito congresional de Xeorxia.
Abandonou o Partido Demócrata en setembro de 2007, e o 22 de outubro de 2007 fixo unha documentación na FEC para crear un comité exploratorio para a campaña presidencial do Partido Verde dos Estados Unidos.[1]
No 2008 converteuse na candidata á Presidencia dos Estados Unidos polo Partido Verde.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas