Cristian Carracedo García, nado en L'Hospitalet de Llobregat o 30 de novembro de 1995, é un futbolista español que xoga como extremo dereito no Córdoba, da Segunda División.
Traxectoria
Formado na canteira do CF Badalona, debutou co primeiro equipo n Segunda División B o 12 de outubro de 2013, nunha derrota ante o Valencia Mestalla.
No verán de 2015 asinou polo Mallorca B, da Terceira División.[1] O 10 de setembro dese mesmo ano debutou co primeiro equipo do Mallorca nun partido da Copa do Rei ante o Huesca.[2]
Despois de deixar as Illas Baleares, vestiu as camisetas do Cacereño, do San Fermín,[3] do Écija,[4] do Córdoba B,[5] da UP Langreo,[6] do Ceuta,[7] do Prat,[8] do Ejea e do Linares Deportivo.[9]
En xuño de 2022 regresou a Córdoba para xogar desta vez no primeiro equipo do Córdoba.[10] Contribuíu con 41 partidos e 2 goles ao ascenso do equipo á Segunda División durante a campaña 2023/24.
Notas