A Sociedad Deportiva Ejea é un club de fútbol español da localidade aragonesa de Ejea de los Caballeros, na provincia de Zaragoza. Fundouse en 1927 e compite na Segunda División B de España.
Historia
O equipo foi fundado en 1927. Xogou en categorías rexionais ata que en 1956 ascendeu a Terceira División, chegando a ser campión en 1958 e disputando a fase de ascenso á Segunda División ante a Real Unión de Irún. Durante a década dos 70 enfrontouse no campionato ligueiro a equipos do talle de Real Valladolid, Salamanca, Osasuna, Tenerife, Getafe, Deportivo Alavés, Eibar ou Numancia.
Ao final da tempada 2017-18 logra o ascenso a Segunda División B ante o Cádiz B, eliminando ao Rayo Vallecano B e ao Tenerife B nas dúas primeiras roldas.
Estadio
Desde agosto de 2010, a Sociedad Deportiva Ejea disputa os seus partidos como local no Estadio Municipal de Ejea, con capacidade para 2.249 espectadores sentados, dos cales 1305 áchanse baixo tribuna cuberta. O terreo ten unhas dimensións de 102 x 66 metros e é de céspede artificial.
Anteriormente xogaba os seus partidos no Estadio de Luchán, campo inaugurado o 8 de decembro de 1959 cun encontro entre a Sociedad Deportiva Ejea e o Real Zaragoza.
Datos do club
- Tempadas en 1ª: 0
- Tempadas en 2ª: 0
- Tempadas en 2ªB: 1 (Incluída a 2018/19)
- Tempadas en 3ª: 44
Palmarés
Torneos nacionais
Torneos rexionais
Torneos amigables
- Copa Primavera de Aragón (1): 1959
- Subcampión do Campionato de Aragón de Afeccionados (1): 1957
Véxase tamén
Ligazóns externas