Control do centro (xadrez)O control do centro é unha posición importante na estratexia do xadrez e nalgúns outros xogos. Concepto e importanciaEsta estratexia consiste en situar peóns ou outras pezas de forma que estas controlen directamente (co uso de peóns) ou á distancia (co uso de pezas) as catro celas centrais do taboleiro (d4, e4, d5 e e5, en notación alxébrica). Que unha peza estea colocada nunha cela central non significa necesariamente que controle o centro: por exemplo, un cabalo situado nunha das celas centrais non controla ningunha cela central, dado que só pode atacar as que se sitúan ao redor do centro. O control do centro é importante porque as batallas tácticas frecuentemente ocorren nas casas centrais, onde as pezas poden acceder a maioría das outras rexións do taboleiro eficientemente. As aperturas e defensas xadrecísticas tentan controlar o centro ao mesmo tempo que procuran desenvolver as súas pezas. As aperturas e defensas hipermodernas procuran controlar o centro a distancia con bispos e cabalos, en canto que as aperturas e defensas ortodoxas procuran controlar o centro directamente co uso de peóns. Referencias
Véxase tamén |