Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
COI.
O Consello Oleícola Internacional (COI), en inglés International Olive Council (IOC), é o único organismo internacional dedicado ao aceite de oliva e ás olivas de mesa.
Ten a súa sede en Madrid, onde foi creado en 1959 baixo os auspicios das Nacións Unidas.
Funcións e membros
O Consello contribúe de maneira decisiva ao desenvolvemento responsábel e sustentábel do oliveiral e constitúe un foro mundial onde se debaten as políticas a adoptar e se abordan os retos aos que se enfronta o sector.
Consta de 17 membros, un deles a Unión Europea, que representa a todos os países da mesma que producen olivas e aceite de oliva.
Historia
O COI creouse en 1959 para administrar os distintos convenios internacionais sobre o aceite que se foran sucedendo ao longo de máis de cincuenta anos con miras a promover o oliveiral, o aceite de oliva e as olivas de mesa.
O primeiro Convenio Internacional do Aceite de Oliva e das Olivas de Mesa aprobouse o 17 de outubro de 1955,[1] durante a Conferencia Internacional sobre o Aceite de Oliva convocada polo Secretario Xeral das Nacións Unidas e tras catorce días de negociacións entre a Federación Internacional Oleícola (FIO), a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) e o Consello Económico e Social das Nacións Unidas (ECOSOC). A dito convenio inicial (denominado Convenio de 1956), sucedéronlle outros catro:
- Convenio de 1963
- Convenio de 1979
- Convenio de 1986
- Convenio de 2005
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas