Consellería de Sanidade

A Consellería de Sanidade é unha das consellarías da Xunta de Galicia. Dela depende o Servizo Galego de Saúde (SERGAS), entidade que administra a rede de centros públicos sanitarios de Galicia. O seu titular actual é Julio García Comesaña.

Historia

A consellería de Sanidade é das máis estables de toda a historia da administración autonómica. Ademais das súas competencias básicas sobra a atención sanitaria, ao longo da historia incorporou tamén temporalmente competencias sobre defensa do consumidor e os servizos sociais, que posteriormemte chegaron a conformarse como unha consellería de seu. Dende 2005 limitouse unicamente ás competencias en materia de asistencia sanitaria.

Conselleiros

  1. José María Hernández Cochón (1982–1983)
  2. Xavier Suárez-Vence (1983–1986). A partir de 1984 co cargo de conselleiro de Sanidade e Consumo.
  3. José María Hernández Cochón (1986–1987). Conselleiro de Sanidade e Seguridade Social.
  4. Pablo Padín (1987–1990). Conselleiro de Sanidade.
  5. Manuel Montero Gómez (1990–1991).
  6. José Manuel Romay Beccaría (1991–1996). A partir de 1993 co cargo de conselleiro de Sanidade e Servizos Sociais.
  7. José María Hernández Cochón (1996–2004). A partir de 2001, outra vez unicamente co cargo de conselleiro de Sanidade.
  8. José Manuel González Álvarez (2004–2005)
  9. María José Rubio (2005–2009)
  10. Pilar Farjas (2009–2011)
  11. Rocío Mosquera (2012–2015)
  12. Jesús Vázquez Almuíña (2015–2020)
  13. Julio García Comesaña (2020- )

Estrutura interna

A Consellería de Sanidade estrutúrase en [1]:

  • A conselleira ou o conselleiro.
  • A Secretaría Xeral Técnica: Natalia Lobato Mosquera[2]
  • A Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública: Sonia Martínez Arca
    • A Subdirección Xeral de Planificación Sanitaria e Aseguramento
    • A Subdirección Xeral de Información sobre saúde e Epidemioloxía
    • A Subdirección Xeral de Xestión
    • A Subdirección Xeral de Programas de Control de Riscos Ambientais para a Saúde
    • A Subdirección Xeral de Programas de Fomento de Estilos de Vida Saudables

De por parte, o Servizo Galego de Saúde é un organismo autónomo adscrito á Consellería de Sanidade. A súa xerente é Nieves Domínguez González.

Entes adscritos á consellería

Notas

  1. Decreto 310/2009, de 28 de maio, modificado polo Decreto 185/2010, de 11 de novembro.
  2. "DECRETO 91/2023, do 22 de xuño, polo que se nomea secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade a Natalia Lobato Mosquera". Diario Oficial de Galicia. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina oficial do SERGAS