Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade
Tipoconsellería da Xunta de Galicia
Data de fundación1982
Presidente/aEthel Vázquez (2014-) Editar o valor en Wikidata
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade é unha consellaría da Xunta de Galicia, que se encarga da promoción de obras públicas, do estado das estradas e das infraestruturas de comunicación, e da política de transporte. A súa titular actualmente é Ethel Vázquez.

Historia

A consellería de Infraestruturas e Mobilidade tivo distintas denominacións ao longo da súa historia, así incorporase unhas funcións ou outras ou se incidise máis nuns aspectos políticos ou outros. Chamóuselle consellería de Transportes e Obras Públicas (COTOP) e tamén consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes. Os cambios máis importantes prodúcense en 2005 cando as competencias sobre vivenda pasan a ter unha consellería de seu, e en 2009, coa incorporación da área de xestión e conservación do ambiente, que ata daquela fora xestionado pola consellería de Medio Ambiente e a recuperación de vivenda. Tamén nese ano perde a competencia sobre os portos, que pasan a depender da consellería do Mar. En 2014 a xestión do ambiente sepárase desta consellería, e en 2018 a vivenda.

Lista dos conselleiros

  1. Ángel Mario Carreño: 1982 - 1986, como conselleiro de Obras Públicas e Ordenación do Territorio.
  2. Xavier Suárez-Vence: 1986 - 1986, como conselleiro de Obras Públicas e Ordenación do Territorio.
  3. Fernando Pedrosa Roldán: 1986 - 1987, como conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas.
  4. Antolín Sánchez Presedo: 1987 - 1990, como conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas.
  5. Xosé Cuíña: 1990 - 2003, como conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.
  6. Alberto Núñez Feijóo: 2003 - 2005, como conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.
  7. María Xosé Caride: 2005-2009, como conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes.
  8. Agustín Hernández: 2009-2014, como conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
  9. Ethel Vázquez: 2014-, como conselleira de Infraestruturas e Vivenda (2015-2018) e como conselleira de Infraestruturas e Mobilidade (2018-).

Estrutura interna

Secretarías e direccións xerais

Ademais da necesaria Secretaría Xeral da consellería, a consellería de Territorio conta coas seguintes direccións e secretarías xerais:

Entes públicos adscritos

Referencias

Véxase tamén

Ligazóns externas