Conquista normanda do sur de Italia

Reino de Sicilia (en verde) en 1154

A conquista normanda do sur de Italia desenvolveuse nos séculos XI e XII. Este proceso estendeuse ao longo de varias décadas, marcado por numerosas batallas e diferentes conquistadores. Tras esta conquista, os territorios do sur de Italia conformaron o Reino de Sicilia, que incluía a propia illa de Sicilia, o terzo sur da península italiana (excepto Benevento), o arquipélago maltés e algunhas áreas do norte de África.[1] Os normandos chegaron inicialmente ao Mezzogiorno como mercenarios ao servizo dos lombardos e os bizantinos, levando de volta á súa terra natal novas da rexión mediterránea.[2] Posteriormente, agrupáronse en determinados lugares e estableceron feudos que, ao cabo de medio século desde a súa chegada, funcionaban de facto como entidades independentes. A diferenza da conquista normanda de Inglaterra, que se consolidou rapidamente tras a batalla de Hastings, a conquista do sur de Italia foi un proceso máis prolongado e menos organizado, con só algunhas batallas decisivas. A pesar disto, o resultado final foi a formación dun territorio unificado.[3] [4]

Notas

  1. Brown, Gordon S. The Norman Conquest of Southern Italy and Sicily. McFarland & Company Inc. ISBN 978-0-7864-1472-7.
  2. Norwich, John Julius (1992). The Normans in Sicily. London: Penguin. ISBN 978-0-14-015212-8. 
  3. Brown, Paul. (2016). Mercenaries To Conquerors: Norman Warfare in the Eleventh and Twelfth-Century Mediterranean. Pen & Sword.
  4. Chalandon, Ferdinand. (1907). Histoire de la domination normande en Italie et en Sicilie. París.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.