O condado do Grove é un título nobiliario español outorgado polo Rei Afonso XIII o 9 de xullo de 1902. O primeiro titular foi Juan Loriga Herrera-Dávila, preceptor do rei. Recibe o nome da parroquia da vila do Grove.
Condes do Grove
|
Titular |
Período |
Datos
|
Creación por Afonso XIII
|
I |
Juan Loriga Herrera-Dávila |
1902-1929 |
Xeneral de artillaría, casado con Josefa Loriga Parra. Sen descendentes, sucedeuno a súa esposa por designación autorizada.
|
II |
Josefa Loriga Parra |
1929-1940 |
Sen descendentes, sucedeuna o seu irmán.
|
III |
Eliseo Loriga Parra |
1940-1959 |
Casado con Esperanza Taboada Bugallo. Sucedeuno a súa filla.
|
IV |
María Araceli Loriga Taboada |
1960- ? (última titular)
|
Título vacante
|
Véxase tamén
Bibliografía
- Elenco de Grandezas y Títulos Nobiliarios Españoles. Instituto Salazar y Castro, CSIC.