O condado de Jekabpils (letón: Jēkabpils rajons) é un condado situado no sueste de Letonia entre os condados de Vidzeme e Latgale. Polo sur fai fronteira con Lituania, polo norte fai fronteira co condado de Madona, polo oeste co condado de Aizkraukle, e polo leste cos condados de Preili e Daugavpils.
O condado ten unha superficie de 2998 km², e unha poboación de 57.812 habitantes, sendo o quinto maior condado en poboación e en terreo.