Concepción é unha cidade e capital do departamento de Concepción, no Paraguai. Sitúase próximo á fronteira do Brasil (Mato Grosso do Sul). Está localizada na marxe esquerda do río Paraguai, 400 quilómetros ao norte de Asunción.
Concepción tiña 76.378 habitantes en 2008, segundo a Dirección General de Estadísticas, Encuestas y Censos.