Härnösand é un municipio sueco (kommun) do condado de Västernorrland.[1] A súa capital é Härnösand, que tamén é a capital do condado. O concello tiña 25 003 habitantes no ano 2022.[2]
O concello está no sueste do landskap de Ångermanland co golfo de Botnia ao leste. Dende o noroeste cara ao sueste flúe o río Ångerman. O municipio limita ao suroeste co concello de Timrå, ao noroeste co de Sollefteå e ao norte co de Kramfors.