Kramfors é un concello sueco (kommun) do condado de Västernorrland.[1] A súa capital é Kramfors, que tamén é a área urbana máis grande do municipio. En xuño de 2022 o concello tiña unha poboación de 17 995 habitantes.[2]
O leste do concello forma parte da Costa Alta (Höga kusten). A liña de costa caracterízase por fiordes profundos que poden penetrar varios quilómetros cara ao interior. As illas teñen praias escarpadas que poden superar os 200 metros de altura. A través do municipio flúe o río Ångermanälven, e a zona que se atopa cara ao oeste do río caracterízase por morenas boscosas. A industria forestal dominaba anteriormente a a economía local, pero co establecemento no concello da aseguradora Folksam o sector servizos vai gañando máis peso.