Composto cíclico

En química, un composto cíclico é un composto químico no cal unha serie de átomos están conectados formando un anel ou bucle (o ciclo).[1] Aínda que a gran maioría dos compostos cíclicos son orgánicos, hai tamén unhas poucas substancias inorgánicas que tamén poden formar estruturas cíclicas, como o xofre, silanos, fosfanos, ácido fosfórico, e ácido tribórico. Os compostos químicos poden ser homocíclicos[2] se os átomos situados no vértice do anel son todos do mesmo elemento; dentro deles os máis salientables son os compostos carbocíclcos, no que o mencionado elemento é o carbono[3]. Os compostos heterocíclicos teñen nos vértices do anel átomos de máis dun elemento químico[4]. Os compostos cíclicos poden ser aromáticos ou non; por exemplo, o benceno é aromático mentres que o ciclohexano non. O termo "policíclico" utilízase cando se forma máis dun anel na molécula, como é o caso do naftaleno. O termo macrociclo úsase cando o anel contén máis dunha ducia de átomos.

Os compostos alicíclicos (de compostos alifáticos) noméanse de acordo co sistema de nomenclatura da IUPAC engadíndolles o prefixo ciclo ao nome do correspondente hidrocarburo de cadea aberta con igual número de átomos de carbono. Por exemplo: ciclopentano, ciclobutano etc.

Reaccións de abertura e peche do anel

Reacción de peche do anel de Dieckmann.

Reaccións típicas dos compostos cíclicos son as reaccións de peche do anel e as reaccións de abertura do anel.

Exemplos de reaccións de peche do anel son:

Exemplos de reaccións de abertura do anel son:

Notas

  1. March, Jerry (1985), Advanced Organic Chemistry: Reactions, Mechanisms, and Structure (3rd ed.), New York: Wiley, ISBN 0-471-85472-7
  2. IUPAC Gold book - Homocyclic compound
  3. IUPAC Gold book - Carbocyclic compounds
  4. IUPAC Gold Book - Heterocyclic compounds

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas