Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
A Mariña .
Comarca da Mariña OccidentalEstado España Comunidade autónoma Galicia Provincia Provincia de Lugo
Contén a división administrativa Poboación 25.439 (2022) (51,46 hab./km² ) Superficie 494,35 km²
A comarca da Mariña Occidental , ou terra de Viveiro [ 1] , é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Viveiro . A ela pertencen os concellos de Cervo , Ourol , O Vicedo , Viveiro e Xove . Esta comarca é unha división oficial da Mariña de Lugo .
Demografía
No ano 2020 segundo o IGE tiña 25.537 habitantes[ 2] .
Dentro dos movementos naturais da poboación pódese destacar que no ano 2020 houbo 114 nacementos en contra de 362 óbitos, cun saldo vexetativo negativo de -248 persoas[ 2] .
Padrón municipal 2020
25.537 habitantes[ 2]
Menores de 15 anos
2.754 (10,78 %)
Entre 16 e 64 anos
15.713 (61,53 %)
Maiores de 65 anos
7.070 (27,69 %)
Galería de imaxes
Notas