A Clásica Internacional de Alcobendas era unha carreira ciclista por etapas que se disputaba en Alcobendas (Comunidade de Madrid).
Creada no ano 1984 disputouse ata o 2008, agás en 1988 e 1990. Dende a creación dos Circuítos Continentais UCI no ano 2005 forma parte do UCI Europe Tour, dentro da categoría 2.1.
Ata o ano 2000 era unha carreira dun só día. Posteriormente, pasou a ser unha proba de tres etapas. Foi a única carreira ciclista, xunto á Volta a España, organizada por Unipublic.