Clematis vitalba

Clematis vitalba [1] é unha especie de clemátide (xénero: Clematis, na familia das ranunculáceas); unha planta rubideira orixinaria de Europa. Aparece nos bosques galegos.

Vista xeral da planta cos froitos.
Detalle da planta cos froitos.

Descrición

É un arbusto rubideiro que acada a altura das árbores (até 15 0u 20 metros), caracterizado por unha casca que se desprende a fitas. Ten follas compostas con pecíolo volúbel. As flores son apétalas recendentes de cor branca (tamén azul ou violeta) formadas por catro sépalos (formando falsos pétalos), reunidas en panículas.

Distribución e hábitat

É natural de Europa onde medra nos bosques, clareiros, estremeiros e derregas onde prefire dos terreos calcarios.

En Galiza a herba doncela encóntrase nas rexións máis orientais das provincias de Lugo e Ourense.[2]

Propiedades

Principios activos
Contén protoanemonina. Saponósidos derivados do ácido oleanólico e da hederaxenina. Outras fontes: clementina, clemetitol, caulosaponina, fitosterol, ácidos, alcois, resina, estigmasterina.[4]
Indicacións
a protoanemonina conférelle unha potente acción como rubefaciente e analxésico. Indicado para inflamacións osteoarticulares, neuralxias. En forma de pomada é revulsivo e antálxico en numerosas doenzas. O zume introducido nos buracos do nariz produce alivio nas hemicranias, mais pode destruír a mucosa.[4]

Pode producir dermatite de contacto. O zume das follas ten unha acción vesicante, e incluso pode producir ulceracións. A protoanemonina absórbese tamén por vía cutánea, polo que poden producirse fenómenos de intoxicación xeneralizados. Se se inxire provoca gastroenterite con diarreas, náuseas, lesión renal e incluso a morte por parálise respiratoria.[4]

Froito.
Sementes.

Taxonomía

Clematis vitalba foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 544, no ano 1753.[5]

Citoloxía

Números cromosomáticos de Clematis vitalba (Fam. Ranunculaceae) e táxones infraespecificos: 2n=16[6]

Etimoloxía

Clematis: nome xenérico que provén do grego antigo klɛmətis.[7] (klématis) "planta que gabea".

vitalba: epíteto latino que significa "de cor viño branco".[8]

Sinonimia
  • Anemone vitalba (L.) K.Krause
  • Clematis bannatica Schur
  • Clematis bellojocensis Gand.
  • Clematis crenata Jord.
  • Clematis dumosa Salisb.
  • Clematis dumosa Gand.
  • Clematis odontophylla Gand.
  • Clematis pilosa Dulac
  • Clematis scandens Borkh.
  • Clematis sepium Lam.
  • Clematis taurica Besser ex Nyman
  • Clematis transiens Gand.
  • Clematitis vitalba (L.) Moench
  • Viorna clematitis Garsault[9]

Notas

  1. Nome vulgar en Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004 e Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para clemátide.
  3. Dr. Berdonces I Serra. Rhus aromatica. Gran Enciclopecia de las Plantas Medicinales (Tikal ediciones). p. 321. ISBN 84-305-8496-X. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Clematis vitalba". Plantas útiles: Linneo. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2009. Consultado o 5 de febreiro de 2010. 
  5. Clematis vitalba en Trópicos
  6. Números cromosomáticos de plantas occidentales, 261-269. Ruíz de Clavijo Jiménez, E. & C. Galán Soldevilla. Anales Jard. Bot. Madrid 40(2): 445-450 (1984).
  7. Sunset Western Garden Book. 1995. pp. 606–7. 
  8. En Epítetos Botánicos
  9. Clematis vitalba en PlantList
  10. Nomes vulgares en Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004 e Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009
  11. Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009

Véxase tamén

Bibliografía

  1. Flora of North America Editorial Committee, e. 1997. Magnoliidae and Hamamelidae. 3: i–xxiii, 1–590. In Fl. N. Amer.. Oxford University Press, Nova York.
  2. Hitchcock, C. L., A. Cronquist, M. Ownbey & J. W. Thompson. 1984. Salicaceae to Saxifragaceae. Part II. 597 pp. In Vasc. Pl. Pacific N.W.. University of Washington Press, Seattle.