Este artigo amosa escritos chineses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
A Emperatriz viúva Cixi (慈禧 Pinyin: Cíxǐ; Wade-Giles: Tz'u-hsi), nada o 29 de novembro de 1835 e finada o 15 de novembro de 1908), popularmente coñecida na China como a Emperatriz viúva do oeste (西太后), e de xeito oficial coñecida postumamente como Emperatriz Xiaoqin Xian (孝欽顯皇后), foi unha poderosa e carismática personalidade que foi a gobernante de feito da dinastía manchúQing desde 1861 até a súa morte en 1908.