Civilización cicládica

Civilización cicládica

Historia Historia de Grecia
Cronoloxía Cronoloxía de Grecia
Cronoloxía da Grecia antiga
Categoría Historia de Grecia
Prehistoria
Prehistoria de Grecia
Idade Antiga
Historia antiga de Grecia e Grecia Antiga
-IV milenio
-3200: Civilización cicládica
-III milenio
-2700: Civilización minoica
-II milenio
-1550 - -1200: Civilización micénica
-1200 - -800: Idade Escura
Século -VIII
-800 - -510: Época arcaica
Século -VI
-510 - -323: Época clásica
Século -V
-499 - -449: Guerras médicas
-461 - -429: Século de Pericles
-431 - -404: Guerra do Peloponeso
Século -IV
-323: Época helenística
-356 - -323: Alexandre o Grande
Século -II
-146: Grecia romana
Século IV
330: Imperio Romano de Oriente
Idade Media
Historia medieval de Grecia
Idade Moderna
Historia moderna de Grecia
Idade Contemporánea
Historia contemporánea de Grecia
Relacionados
Artigos Alimentación na Grecia antiga
Arquitectura da Grecia antiga
Arte da Grecia antiga
As mulleres na Grecia antiga
Economía na Antiga Grecia
Escravitude na Grecia antiga
Escultura da Grecia antiga
Historiografía da Grecia Antiga
Lingua grega antiga
Moeda da Antiga Grecia
Olaría da Grecia antiga
Pintura da Antiga Grecia
Relixión da Grecia antiga
Xeografía da Grecia antiga

A civilización cicládica (tamén coñecida como cultura cicládica ou período cicládico) é unha cultura arqueolóxica da Idade do Cobre e do Bronce nas Cícladas, no mar Exeo, abarcando aproximadamente o período do -3000 ao -2000 En metade do Exeo, entre as Espóradas e Creta, entre a península helénica e Anatolia, áchase o arquipélago das Cícladas. Estas illas deben o nome á súa disposición aproximadamente circular (κύκλος kyklos en grego significa círculo) en torno a Delos, a illa sagrada que viu nacer a Apolo. Son Míconos, Paros, Milo ou Milos, Sifnos, Amorgos, Tinos, Serifos ou Serfanto e Santorini. Nestas illas do Exeo floreceu unha civilización anterior en case 2.000 anos á grega, que deixou tras de si centos de figuriñas de mármore, a maioría figuras femininas.

Historia

Figuriña de muller embarazada (terceiro milenio).

A significativa cultura cicládica da época Neolítica final e Idade do Cobre é mellor coñecida polos ídolos femininos lisos tallados, fóra das illas, en mármore branco puro, séculos antes da gran "cultura minoica" da Idade de Bronce Medio xurdida en Creta, ao sur. Ditas figuras foron saqueadas dos enterramentos para satisfacer o crecente mercado de antigüidades cicládicas desde inicios do século XX.

Unha característica cultural neolítica que amálgama elementos anatolios e do continente grego no Exeo occidental antes do -4000, baseada no trigo e cebada silvestre, ovellas e cabras, porcos, e atúns que foron arponeados desde pequenos barcos (Rutter). Sitios escavados como Saliagos e Cefala (en Ceos), que mostran signos de traballo do cobre. Cada unha das pequenas illas Cícladas manteñen non máis duns poucos miles de habitantes, aínda que os modelos de barcos do cicládico final mostran que cincuenta remeiros puideron ser reunidos de comunidades dispersas (Rutter).

Sabemos que, pola súa posición xeográfica que as sitúa como unha especie de ponte entre Europa e Asia, pola riqueza do subsolo e pola relativa suavidade do seu clima, as Cícladas foron berce dunha notábel civilización.

Cónstanos que no período Calcolítico, aproximadamente entre o -3000 e o -2000, aquela civilización expresouse con notábel orixinalidade. E iso malia que a facilidade de comunicación coas zonas ribeiregas do Mediterráneo ofrecía aos habitantes destas illas a posibilidade de absorber toda clase de influxos culturais foráneos.

Sabemos que a civilización cicládica se mantivo durante varios séculos despois do 2000 Aínda que, cando a altamente organizada cultura palacial de Creta xorde, as illas declinan, coa excepción de Delos, que conservou a súa arcaica reputación como santuario durante o período da civilización clásica grega (ver liga de Delos). E máis tarde cae baixo a cada vez máis predominante influencia política e artística do continente grego.

A cronoloxía da civilización cicládica divídese en tres principais secuencias: cicládico inicial, medio e final. Ao período inicial (ca. 3000) seguiulle o arqueoloxicamente escuro cicládico medio (ca. -2500). A finais do cicládico final (ca. -2000) houbo unha converxencia esencial entre o cicládico e a civilización minoica.

Figuriña cicládica de mármore da cultura Keros.

Pero o cicládico afunde as súas raíces en tempos aínda máis remotos. Quizais no -7000 Proba diso é a difusión da obsidiana de Milo. Desta illa proveñen numerosos obxectos cortantes de obsidiana atopados en diferentes asentamentos prehistóricos do Mediterráneo oriental, especialmente na costa turca e en Tesalia (Grecia).

Ben é certo, que isto só demostra unha frecuentación da zona, que non supón necesariamente a existencia nela dunha base ben definida de civilización. De feito, os primeiros indicios de comunidades organizadas nas Cícladas non van máis aló do -5000 E aínda no Neolítico final, é dicir, na segunda metade do cuarto milenio a. C., o grado de desenvolvemento destas comunidades cicládicas parece limitado, sobre todo se o comparamos co dos centros do Oriente máis inmediato: Anatolia, Siria, Canaán. Trataríase, segundo os datos que temos, de pequenas aldeas de pescadores ou de agricultores moi pobres.

Ao comezar a Idade do Cobre, todo empeza a cobrar relevo nas Cícladas. O desenvolvemento das actividades mariñeiras e o cultivo da vide son o resorte que dispara a transformación das estruturas económicas, sociais e culturais dos das illas. Os seus produtos chegan a Grecia e a diversas rexións do Mediterráneo oriental. Trátase dunha verdadeira engalaxe económica, que orixina diferenzas sociais. E todo isto en paz, pois os asentamentos, situados maioritariamente nas costas, non están fortificados. Estarano máis tarde, cando as Cícladas caian na órbita de Creta, máis poderosa e organizada. Isto é, entón, cara ao final do bronce Antigo, é dicir, en torno ao ano 2000

Hai certa tensión entre os sistemas de datación usados para a civilización cicládica, un "cultural" e outro "cronolóxico." Os intentos de axuntalos conducen a varias combinacións; a máis común é resumida abaixo.

Cronoloxía cicládica[1]
Fase Data Cultura Cultura
Contemporánea
do continente
Cicládico inicial I Grotta-Pelos
Cicládico inicial II Keros-Siros
Cicládico inicial III Kastri
Cicládico medio I (CMI). Filacopí
Cicládico medio II (CMII).
Cicládico medio III (MCIII).
Cicládico final I
Cicládico final II
Cicládico final II

Arqueoloxía

Algúns dos principais xacementos arqueolóxicos da Idade do Bronce Antiga nas Cícladas.
Escultura de íbice de ouro (século -XVII)

Hai que advertir, de entrada, que aínda quedan moitos puntos escuros, moitos datos por codificar, moitas hipóteses non probadas.

O estudo do Cicládico foi laborioso, complexo e aínda non pode darse por concluído.

O historiador grego Tucídides escribira no século -V:

Minos (...) dominou as Cícladas e foi o colonizador de gran parte delas, logo de expulsar aos carios.
Historia da Guerra do Peloponeso. I, 4.

Foron estas palabras as que chamaron a atención do arqueólogo Ludwig Ross, quen no segundo terzo do século XIX, aventurou a hipótese de que nas sepulturas prehistóricas visitadas por el en Paros, Naxos, Amorgos e Tera (Santorini), onde se acharon ídolos e vasos de mármore, estaba a confirmación da presenza dos carios no arquipélago: un pobo de piratas orixinario da rexión costeira da Asia Menor entre as antigas Lidia, Licia e Frixia.

Polos mesmos anos do século XIX en que Ludwig Ross, cos textos de Tucídides na man, atribuía aos carios as tumbas do Cicládico, en Filacopí, na illa de Milo, aparecían novas tumbas intactas colmadas de cerámica que logo se dispersaron polos museos de Europa. Vinte anos despois, en torno a 1850-60, o arqueólogo Papadopoulos exploraba a necrópole de Chaliandrani na illa de Siros e lanzaba a hipótese de que aquelas tumbas eran de época romana e gardaban os restos dos condenados por delitos políticos, a quen Roma expatriaba e confinaba nas illas daquel arquipélago. Non deben estrañarnos estas suposicións erróneas, posto que naquela época non había forma de cotexar criticamente os materiais que proporcionaban as escavacións.

Cara a 1860 comeza a exploración dos asentamentos prehistóricos da illa de Santorini. Pero aínda non pode falarse de investigacións científicas, susceptíbeis de configurar un cadro fiábel da civilización que os achados van delineando.

Nos últimos anos do século a actividade exploratoria é moi intensa, rica en observacións que aínda teñen validez. En gran parte lévaa a cabo Christos Tsountas, quen investigou lugares de enterramento en varias illas en 1898-99, sobre todo en Amorgos, Despoticós, Paros, Antíparos, Sifnos e Siros, e acuñou o termo de "civilización cicládica".

Pero as primeiras escavacións verdadeiras son as que en 1896 dirixe a Escola Británica de Atenas, en Filacopí, na illa de Milo. As escavacións incluíron a análise estratigráfica do terreo e proporcionaron resultados fiábeis. En concreto na illa de Milo puido recoñecerse a presenza de tres cidades superpostas, precedidas por unha fase aínda máis antiga (preurbana). E sobre todo comprobouse que estas diversas fases podían ser relacionadas cos estilos de cerámica.

A partir de entón, o interese diminuíu, pero reanimouse a mediados do século XX, cando algúns coleccionistas comezaron a poxar polas tallas de corte modernista que se parecían tanto á escultura de Jean Arp ou de Constantin Brancusi. Os sitios arqueolóxicos foron saqueados e xurdiu un activo comercio de falsificacións. O contexto de moitas destas figuriñas cicládicas foi así destruído; o seu significado nunca poderá ser entendido. Outros intrigantes e misteriosos obxectos son as tixolas cicládicas. A arqueoloxía revelou as liñas xerais da cultura agrícola e mariñeira que terían inmigrado de Asia Menor c. -5000 O cicládico inicial evolucionou en tres fases, entre c. -3300 - -2000, cando foi cada vez máis invadida pola crecente influencia da Creta minoica.

A cultura de Grecia continental contemporánea da cultura cicládica é cualificada como Heládico.

Orixe dos habitantes das Cícladas

Ídolo cicládico conservado no Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas.

Outro tema de grandes debates foi o da orixe dos primeiros habitantes das Cícladas.

Ata os anos 50 do século XX, a ausencia de pegadas de asentamentos neolíticos nas illas daba pé a supoñer que estas non estaban habitadas naquel período; polo tanto, o seu poboamento situábase en torno ao 2600 Pero de onde procedían aqueles primeiros habitantes das Cícladas? Case todos os investigadores coincidían en afirmar que se trataba de grupos heteroxéneos chegados de Anatolia no curso de migracións sucesivas, e moitos sinalaban que un dos centros de procedencia, entre o -2800 e o -2300, foi Troia. En calquera caso parecía certo que, no momento de chegaren ás illas, aqueles grupos posuían xa unha civilización propia e definida, que despois evolucionou de xeito autónomo.

Era a única hipótese posíbel, dado que as demais carecían de base. Faltaban por completo as informacións históricas, e as breves noticias de Tucídides, que é necesario repetir, viviu no século -V, facían referencia a unha época máis avanzada, concretamente á expansión cretense polo arquipélago.

Segundo menciona o historiador, naquel tempo as illas estaban habitadas polos carios, cuxas armas acharon os atenienses en máis da metade das tumbas que descubriron no curso da purificación da illa de Delos.

Pero as escavacións efectuadas nos 60 forneceron novos elementos que botaron por terra gran parte das precedentes hipóteses.

Foi posible determinar que as Cícladas estaban xa habitadas, polo menos, nos últimos tempos do Neolítico Medio e no Neolítico Final; é dicir cara ao -5000 Así o demostraban os achados habidos en Saliagos, unha illa entre as illas de Paros e Antíparos, entre 1964 e 1965, así como as escavacións que en 1963 se levaron a cabo en Cefala, na illa de Ceos.

Os descubrimentos de Saliagos foron moi interesantes. Eran restos de habitacións de planta rectangular, sobre fundamentos de pedra, pechadas por un muro perimetral. Nelas apareceron cerámicas de formas xeométricas, cuxa superficie escura estaba decorada con motivos en branco opaco, rectilíneos ou curvos. Estes elementos configuraban a que, a partir de entón, se chamou cultura de Saliagos, que englobou outros achados das mesmas características en Vouni (illa de Antíparos), Agrilia (Milo) e Mavrispilia (Miconos). Os materiais foron sometidos a probas de datación mediante o carbono 14 (14C), segundo as cales, e en relación coas escavacións de Emporio X na illa de Quíos, puido determinarse que esta cultura floreceu en torno ao -4900 A ela asociáronse tamén puntas de obsidiana e pequenas figuras tanto esquemáticas como naturalistas.

Polas mesmas datas, o arqueólogo Caskey achou en Cefala unha necrópole con tumbas redondas, ovaladas e rectangulares. En xeral estaban realizadas con pequenos muros de pedra inclinados cara ao centro, aínda que algunhas se escavaran parcialmente na rocha; habíaas individuais e múltiples. Entre os cascallos saíron á luz numerosas cerámicas de cor escura, algunhas avermelladas e outras de cor vermella brillante. Había xerras de pescozo longo e fino, cuncas, unha especie de cazo de extravagante forma, unha estatuíña obscena de terracota etc. Dado que estes obxectos, e especialmente a cerámica escura, mostraban características afíns á doutros achados producidos na Ática e nas Cícladas noroccidentais, asignouse a esta cultura a denominación de Ática-Cefala. Sabemos que se desenvolveu cara ao -3500

Todos estes descubrimentos foron importantísimos, porque obrigaron a revisar as conclusións de quen atribuían unha orixe exclusivamente anatólica á civilización cicládica. Un dos principais argumentos en que se apoiaban era a presenza de tumbas de cista, pero o feito de que este tipo de tumbas apareza xa na necrópole de Cefala suxire unha continuidade local. Sen dúbida hai certas analoxías entre a civilización cicládica e a anatólica, pero iso non demostra que sexa Anatolia o fogar orixinario daquela. Algunhas das súas formas parecen de orixe local; outras poderían estar ligadas ao continente grego.

Considerando os coñecementos que proporcionan as escavacións, resulta máis sinxelo pensar nunha evolución paralela de culturas análogas, sen que con isto preténdase rexeitar a existencia de contactos máis ou menos ocasionais entre elas.

As cidades dos vivos

Grupo de tres figuras cicládicas.

Dispoñemos de datos procedentes de escavacións de asentamentos e vivendas illadas, pero non sempre son totalmente fiábeis polas dificultades que entraña a datación.

As escavacións que realizou Tsountas en Paros en 1898, sacaron á luz casas de planta rectangular, divididas en dúas habitacións comunicadas e a máis interior rematada en ábsida. O detalle do ábsida parece suxerir un recordo da cabana redonda que, no Neolítico, se difundiu por gran parte da área mediterránea.

Respecto de Filacopí son singularmente xenerosos os datos ofrecidos:

Artigo principal: Filacopí.

Tamén Santorini e Tirasia proporcionaron datos útiles sobre as casas das Cícladas. O xeólogo Fouqué estudou as situadas sobre a escolleira setentrional de Tirasia. Son de planta rectangular, con muros de pedra de lava, irregulares, unidas por argamasa. Atopáronse outros muros que seguramente se fixeron mediante unha armazón de madeira. Sistema de construción que achamos a miúdo en case todas as poboacións do Exeo.

Os seus muros angulares compóñense de perpiaños perfectamente tallados e case sempre de grandes dimensións, superpostos en fileiras horizontais.

Os muros defensivos

Hai fortificacións en Chalandriani (Siros), Panormos (Naxos), Agios Andreas (Sifnos) e Filacopí. Son fortificacións que se remontan ao momento da influencia cretense e parecen confirmar o que escribiu Tucídides achega da súa construción despois de que a armada de Minos expulsase aos piratas carios.

En Filacopí II hai unha dobre muralla. Os muros que a forman están a unha distancia de tres metros o un do outro. A parte baixa da muralla interior é unha masa de terra e pedras pequenas, sobre a que se apoian grandes bloques ciclópeos. A exterior, moito máis débil, é de terra, reforzada con algunhas filas de pedra. A intervalos máis ou menos regulares, as dúas murallas uníronse mediante pequenos muros transversais, e os espazos baleiros reenchéronse con grava. O conxunto ten un ancho de aproximadamente seis metros. O sector máis curioso da fortificación é aquel en que se practicou unha porta secreta, defendida por un muro. Desta forma os cercadores tiñan que percorrer un longo treito xunto aos bastións e, polo mesmo, a poñerse a tiro dos que defendían a cidade.

En Chalandriani trátase propiamente dunha acrópole, tres de cuxos lados están defendidos por un precipicio. Bastou con fortificar o cuarto lado mediante unha muralla dobre, semielíptica, de preto de 60 m. Do muro externo, o máis débil, quedan un par de fileiras de pedras. No seu centro ábrese unha porta disposta oblicuamente respecto ao muro. A muralla interior, de perpiaños pequenos, está reforzada por cinco torres. Os accesos eran dous, situados xunto á segunda torre e entre a terceira e a cuarta, e obrigaban tamén aos agresores a un longo percorrido ao descuberto.

Agios Andrea, en Sifnos, presenta asombrosas analoxías con Chalandriani, cunha técnica de construción perfeccionada.

As cidades dos mortos

Reconstrución dunha tumba de cista.

Coa excepción da illa de Siros, as tumbas cicládicas son do tipo de cista. Escávanse a pouca profundidade nas pendentes dos outeiros, ás veces ata a beira do mar e teñen forma trapezoidal, cos lados revestidos de pedras planas. A cobertura é tamén de pedras sen tallar, mentres que o piso é de pedra, croios ou sinxelamente terra apisoada. As súas dimensións son reducidas. Non máis 1,20 m de lonxitude.

Outra característica é que abundan as tumbas múltiples, probabelmente de membros dunha mesma familia, nas que se superpoñen as sepulturas.

As tumbas de Siros son moi diferentes. Trátase de pequenas tumbas con cámara, con paredes de pedra en seco cuxas fileiras van aproximándose cara ao interior ata formar unha falsa bóveda, que na súa parte superior se pecha cunha gran lastra cuxo peso dá solidez ao conxunto. Como detalle curioso hai que observar que estas tumbas teñen unha abertura que comunica co exterior e cuxa función apenas podemos imaxinar. As súas dimensións non permiten o paso dun corpo. Posibelmente destinábase a certos ritos funerarios.

A propósito de tales ritos recordemos que nas tumbas de cista o corpo do defunto, ou os corpos cando eran varios, dispoñíase recostados sobre o lado dereito, os xeonllos dobrados cara ao peito e o antebrazo levado cara á cabeza. De aí as reducidas dimensións do enterramento.

As prácticas relixiosas

A escaseza de achados arqueolóxicos fai que saibamos moi pouco das prácticas relixiosas dos pobos cicládicos. Mentres que en Creta atopáronse numerosos lugares de culto, nas Cícladas tan só coñecemos un. No porto de Minoa, na illa de Amorgos, baixo unha gran pena, acháronse fragmentos de cerámica e algúns vasos enteiros. Parece que en tempos remotos existiu alí un gruta ou freita. Preto, noutra freita, acháronse tamén moitos restos cerámicos. As escavacións dirixidas por Tsountas nesta mesma zona revelaron a existencia de fosas semellantes repletas de cachos de cerámica. Nunha delas o mesmo arqueólogo descubriu, ademais, certo número de vasos máis ou menos completos, algunha peza en forma de fuso e anacos de obsidiana. Moitos vasos contiñan achas de óso, a miúdo ennegrecidas e calcinadas, dentes de ovella, cabra ou boi.

O descubrimento destes depósitos de vasos baixo as rocas ou en anfractuosidades do terreo, por unha banda, e a completa ausencia de necrópoles nos arredores, por outro, suxiren que nos achamos ante un lugar sagrado ao aire libre. Talvez se trate dun daqueles lugares sagrados, nos que durante as cerimonias de ofrenda se acendían grandes fogueiras. Tras unha invocación máxica arroxábanse a elas os animais inmolados, se cadra vivos aínda. E logo cando o lume comezaba a languidecer, lanzábanse obxectos votivos. As cinzas, mesturadas cos ósos e os exvotos, eran depositados finalmente na freita de modo que quedasen en estreito contacto coa rocha, a que á súa vez non era senón unha parte do corpo da Deusa Gran Nai, a divindade máis importante dos pobos cicládicos

Expertos navegantes

Peixe voador, cultura de Filacopí.

Do feito de que a maior parte de obxectos proveñan dun número reducido de tumbas, en tanto que na maioría destas só aparezan un ou dous máis ou menos, cómpre deducir que o pobo cicládico pasara xa da sociedade diferenciada, no que destacaban determinados grupos e persoas. Había "ricos" ou "notábeis" que se podían permitir un enxoval funerario acorde co seu rango, en tanto que os "pobres" debían contentarse cun ídolo, unha vasilla ou un sinxelo adorno. Esta hipótese vén corroborada por outro indicio, como é o da aparición nas tumbas de obxectos xa usados: vasillas con evidentes pegadas de composturas, píxides con tapadeiras que non lles corresponden etc. Diso deduciron algúns estudosos que as familias pobres compraban para os seus defuntos un enxoval literalmente de "segunda man".

Isto é, en suma, o que revelan as necesidades sobre a estrutura social daquelas xentes. Algúns outros achados refírense á vida económica. É posíbel afirmar que se trataba dun pobo de agricultores, pastores e artesáns, pero así mesmo que tiña a mirada posta no mar: na pesca e na navegación. Que practicaban a primeira próbano tanto o descubrimento dalgúns anzois de bronce, como a decoración de certos vasos de terracota en que aparecen homes portando un peixe en cada man.

E en canto á navegación, baste citar outras decoracións cerámicas nas que vemos representadas naves de altura, capaces de servir para as máis audaces exploracións. De feito, parece que os mariños das Cícladas non se limitaron a comerciar coa veciña Creta, o Peloponeso e Anatolia, senón que chegaron ata a costa dálmata, Sardeña e polo menos durante o Bronce Medio, a partir do 2000, ata as Baleares e o sur de Francia, xa que en todos estes lugares apareceron obxectos de elaboración cicládica.

Por desgraza aquel pobo que posuía nocións de numeración non deixou documentos escritos que permitan caracterizalo con maior precisión.

Notas

  1. Cronoloxía e Terminoloxía Arquivado 29 de decembro de 2006 en Wayback Machine. de The Prehistoric Archaeology of the Aegean Arquivado 01 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine. acceso 23 de maio de 2006

Véxase tamén

Bibliografía

  • VV.AA. (1988). Los grandes descubrimientos de la arqueología (en castelán). Barcelona: Planeta-De Agostini. 

Outros artigos

Ligazóns externas


Read other articles:

Executive National BankCompany typePrivateIndustryBankingFinancial servicesInvestment servicesFoundedJefferson National Bank (1972)HeadquartersMiami, Florida, USAArea servedLocal, OnlineKey peopleCarlos A. Safie(Chairman and CEO)ProductsConsumer BankingCorporate BankingInvestment BankingInvestment ManagementPrivate EquityLoansMortgagesCredit CardsNumber of employeesapprox. 100 (May 2009)Websitewww.executivebank.com Executive National Bank is a Florida intrastate financial institution headquar...

 

Amsal 14Kitab Amsal lengkap pada Kodeks Leningrad, dibuat tahun 1008.KitabKitab AmsalKategoriKetuvimBagian Alkitab KristenPerjanjian LamaUrutan dalamKitab Kristen20← pasal 13 pasal 15 → Amsal 14 (disingkat Ams 14) adalah bagian dari Kitab Amsal dalam Alkitab Ibrani dan Perjanjian Lama di Alkitab Kristen.[1][2] Teks Naskah sumber utama: Masoretik, Septuaginta dan Naskah Laut Mati (4Q103 Proverbs). Pasal ini terdiri dari 35 ayat. Berisi amsal-amsal raja Salomo bin Da...

 

Bagian dari seri tentangBuddhisme SejarahPenyebaran Sejarah Garis waktu Sidang Buddhis Jalur Sutra Benua Asia Tenggara Asia Timur Asia Tengah Timur Tengah Dunia Barat Australia Oseania Amerika Eropa Afrika Populasi signifikan Tiongkok Thailand Jepang Myanmar Sri Lanka Vietnam Kamboja Korea Taiwan India Malaysia Laos Indonesia Amerika Serikat Singapura AliranTradisi Buddhisme prasektarian Aliran Buddhis awal Mahāsāṃghika Sthaviravāda Aliran kontemporer Theravāda Mahāyāna Vajrayāna Kon...

Election in Kansas Main article: 1932 United States presidential election 1932 United States presidential election in Kansas ← 1928 November 8, 1932 1936 →   Nominee Franklin D. Roosevelt Herbert Hoover Party Democratic Republican Home state New York California Running mate John Nance Garner Charles Curtis Electoral vote 9 0 Popular vote 424,204 349,498 Percentage 53.56% 44.13% County Results Roosevelt   40-50%   50-60%  ...

 

Community of San Diego in CaliforniaPacific Beach, San DiegoCommunity of San DiegoPacific BeachThe beach at Pacific Beach looking southNickname: P.B.Pacific Beach, San DiegoLocation within Central San DiegoCoordinates: 32°47′52″N 117°14′25″W / 32.7978265°N 117.2403142°W / 32.7978265; -117.2403142Country United States of AmericaState CaliforniaCounty San DiegoCity San Diego Pacific Beach is a neighborhood in San Diego, bounded by La Jolla to t...

 

Restaurant chain established in the United States This article is about the restaurant chain. For other uses, see Dennys (disambiguation). This article's lead section may be too short to adequately summarize the key points. Please consider expanding the lead to provide an accessible overview of all important aspects of the article. (July 2023) Denny's CorporationLogo since April 2, 2019Corporate headquarters in downtown Spartanburg, South Carolina, in July 2012Trade nameDenny'sFormerlyDanny's...

Species of bird Hen harrier Adult male An adult female from Pangolakha Wildlife Sanctuary, East Sikkim, India Conservation status Least Concern  (IUCN 3.1)[1] Scientific classification Domain: Eukaryota Kingdom: Animalia Phylum: Chordata Class: Aves Order: Accipitriformes Family: Accipitridae Genus: Circus Species: C. cyaneus Binomial name Circus cyaneus(Linnaeus, 1766) Range of C. cyaneus   Breeding summer visitor  Breeding resident  Winter vis...

 

Rincian Faksimili No. 2 (Hypocephalus of Sheshonq). Angka referensi 1 mewakili Kolob menurut Joseph Smith. Ahli Mesir Kuno menafsirkan hal ini sebagai sosok yang diubah dari Dewa Pencipta. Kolob adalah bintang atau planet yang dijelaskan dalam Kitab Ibrahim, kitab suci Gerakan Orang Suci Zaman Akhir. Beberapa denominasi Orang Suci Zaman Akhir beranggapan bahwa Kitab Ibrahim telah diterjemahkan dari gulungan papirus Mesir oleh Joseph Smith, pendiri gerakan tersebut. Menurut karya ini, Kolob ad...

 

School in Sherbrooke, Quebec, CanadaSéminaire de SherbrookeAddress195, rue MarquetteSherbrooke, Quebec, J1H 1L6CanadaCoordinates45°24′9.74″N 71°53′39″W / 45.4027056°N 71.89417°W / 45.4027056; -71.89417InformationSchool typePrivate Secondary school, College, Vocational educationReligious affiliation(s)CatholicFounded1875AdministratorTBDGrades7-11Enrollment1,200LanguageFrenchTeam nameBaronsWebsitewww.seminaire-sherbrooke.qc.ca The Séminaire de Sherbrooke, a...

Privatisasi air di Jakarta dimulai ketika perusahaan air asal Britania Raya, Thames Water, membuat perjanjian konsesi air dengan putra Presiden Suharto pada tahun 1993. Melalui pengaruh perusahaan air asal Prancis, Suez, pemerintah memutuskan membagi wilayah pasokan air kepada dua perusahaan tersebut. Pemerintah memberikan konsesi untuk separuh kota kepada Thames Water tanpa tender. Kontrak ini memicu kenaikan imbalan air yang memberikan perusahaan 22 persen keuntungan. Akan tetapi, dua bulan...

 

Archibald HillLahir(1886-09-26)26 September 1886Bristol, EnglandMeninggal3 Juni 1977(1977-06-03) (umur 90)Cambridge, EnglandKebangsaanBritania RayaAlmamaterCambridge UniversityDikenal atasUsaha mekanik akan otot Menemukan biofisikaHill equationPenghargaanPemenang Nobel bidang Fisiologi atau Kedokteran (1922)Karier ilmiahBidangPhysiology dan biofisikaInstitusiUniversitas Cambridge Universitas Manchester Universitas College, LondonPembimbing doktoralWalter Morley FletcherMahasiswa doktora...

 

This template does not require a rating on Wikipedia's content assessment scale.It is of interest to the following WikiProjects:Internet Internet portalThis template is within the scope of WikiProject Internet, a collaborative effort to improve the coverage of the Internet on Wikipedia. If you would like to participate, please visit the project page, where you can join the discussion and see a list of open tasks.InternetWikipedia:WikiProject InternetTemplate:WikiProject InternetInternet artic...

Disambiguazione – Se stai cercando la serie televisiva cinese omonima del 2020, vedi Su su feng yu yi nan qiu. Questa voce sugli argomenti militari cinesi e seconda guerra mondiale è solo un abbozzo. Contribuisci a migliorarla secondo le convenzioni di Wikipedia. Segui i suggerimenti del progetto di riferimento. Su YuSu Yu nel 1955 Capo del Dipartimento di Stato maggiore dell'Esercito Popolare di LiberazioneDurata mandato13 ottobre 1954 –19 settembre 1958 PresidenteMa...

 

Beijing Subway station Jintai Xizhao金台夕照Clockwise platformGeneral informationLocationEast 3rd Ring Road MiddleChaoyang District, BeijingChinaCoordinates39°55′01″N 116°27′42″E / 39.916838°N 116.461743°E / 39.916838; 116.461743Operated byBeijing Mass Transit Railway Operation Corporation LimitedLine(s)     Line 10Platforms2 (1 split island platform)Tracks2ConstructionStructure typeUndergroundAccessibleYesHistoryOpenedJuly ...

 

Mechanically-interlinked pieces to be manipulated This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Mechanical puzzle – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (September 2022) (Learn how and when to remove this message) Mechanical puzzle design by W. Altekruse, patented in 1890. The puzzle consists of twe...

السكريةمعلومات عامةالصنف الفني دراماتاريخ الصدور 14 يناير 1973مدة العرض 130 دقيقةاللغة الأصلية العربيةمأخوذ عن السكريةالبلد  مصرالطاقمالمخرج حسن الإمامالقصة نجيب محفوظالسيناريو والحوار ممدوح الليثيالبطولة يحيى شاهينميرفت أميننور الشريفمها صبريعبد المنعم إبراهيمزهرة ...

 

Questa voce sull'argomento film commedia è solo un abbozzo. Contribuisci a migliorarla secondo le convenzioni di Wikipedia. Segui i suggerimenti del progetto di riferimento. Franco, Ciccio e il pirata BarbaneraFranco Franchi e Ciccio Ingrassia in una scena del filmLingua originaleItaliano Paese di produzioneItalia Anno1969 Durata97 min Rapporto1,66:1 Generecommedia RegiaMario Amendola SoggettoRiccardo Pazzaglia, Amedeo Sollazzo SceneggiaturaMario Amendola, Bruno Corbucci, Riccardo Pazz...

 

Pour les articles homonymes, voir Lane. Cet article est une ébauche concernant un homme politique américain. Vous pouvez partager vos connaissances en l’améliorant (comment ?) selon les recommandations des projets correspondants. Franklin Knight Lane Fonctions 48e secrétaire à l'Intérieur des États-Unis 6 mars 1913 – 1er mars 1920(6 ans, 11 mois et 24 jours) Président Woodrow Wilson Gouvernement Administration Wilson Prédécesseur Walter Lowrie Fisher Success...

متحف إسطنبول الأثري İstanbul Arkeoloji Müzeleri إحداثيات 41°00′39″N 28°58′54″E / 41.010872°N 28.981659°E / 41.010872; 28.981659 معلومات عامة نوع المبنى أثري العنوان منطقة هولكان القرية أو المدينة إسطنبول الدولة  تركيا سنة التأسيس 13 يونيو 1891 تاريخ الافتتاح الرسمي 13 يونيو 1891  المجموعات أكثر ...

 

Town in Idlib, SyriaAtme اطمهTownAtmeCoordinates: 36°18′40″N 36°41′11″E / 36.31111°N 36.68639°E / 36.31111; 36.68639Country SyriaGovernorateIdlibDistrictHaremSubdistrictAl-DanaControl Syrian Salvation GovernmentPopulation (2004 census)[1] • Total2,255Time zoneUTC+2 (EET) • Summer (DST)UTC+3 (EEST) Atme (Arabic: اطمه, romanized: ‘Aṭma, also spelled Atma, Atima, Atmeh) is a town in northern Syria, ad...