A cirurxía torácica é unha especialidade da medicina conforme a Lei de especialidades médicas do ano 1977. Está incluída dentro do grupo das especialidades cirúrxicas. Abrangue o estudo e tratamento cirúrxico das doenzas que afectan ao tórax.[1]
En España é unha das 47 especialidades médicas recoñecidas. Para cursala cómpre estar en posesión do título de Graduado ou Licenciado en Medicina, e posteriormente aprobar o exame MIR. A especialidade ten unha duración de 5 anos.