En medicina, un cirurxián, feminino cirurxiá, é un especialista en cirurxía. É dicir un médico que é capaz de previr, diagnosticar e curar enfermidades exercendo a cirurxía.
A cirurxía é unha ampla categoría de tratamentos médicos invasivos que implican a abertura dun corpo, humano ou animal, para extraer un órgano enfermo ou para reparar algunha ruptura.
Na Idade Media a medicina era practicada por diversos personaxes, un dos cales era cirurxián-barbeiro, o que brindaba, entre outras funcións, asistencia médica aos soldados feridos. Era, efectivamente, un barbeiro, pero ademais ofrecía a súa asistencia principalmente nas amputacións.
Existen dúas obras que, se ben son novelas históricas, ilustran o desenvolvemento da cirurxía e a anestesioloxía nos seus primeiros tempos (séculos XIX e principios do XX), chamadas O triunfo da cirurxía e O século da cirurxía, de Jürgen Thorwald.
Antes do descubrimento da anestesia e a asepsia, a cirurxía era un procedemento traumático e de último recurso, cunha taxa de morte altísima e reservado case exclusivamente aos procedementos de amputación.
Co descubrimento destas, a finais do século XIX, a cirurxía converteuse nun complicado coñecemento que exixiu a cualificación profesional en medicina.
Formación
Actualmente en España o cirurxián debe ter o título de doutor en Medicina e Cirurxía e realizar polo menos unha especialización en cirurxía xeral (entre 4 e 5 anos, ademais da formación básica en medicina). Existe a posibilidade de que logo realice subespecializacións tales como:
Cirurxía plástica: cirurxía reconstrutiva e cirurxía estética