Transplante

Escena con figuras de cera do primeiro transplante de corazón

Un transplante é unha operación cirúrxica que consiste en substituír un órgano ou tecido danado por outro plenamente funcional. Nos seres humanos os órganos máis habitualmente transplantados son o corazón, ril, fígado,pulmón, páncreas e intestino, tamén son habituais os transplantes de córnea, tendóns, pel e veas. Os doantes de órganos poden estar vivos ou en morte cerebral, pero moitos dos tecidos admiten o seu almacenamento mesmo durante anos; no caso de doazóns entre especies diferentes denomínase xenotrasplante. Os transplantes para os humanos están estritamente regulamentados nos países desenvolvidos, existindo organismos específicos de control e coordinación, así en Galicia é a Oficina de Coordinación de Transplantes no ámbito autonómico e a Organización Nacional de Transplantes no estatal.

O 6 de xuño celébrase o Día Mundial dos Pacientes Transplantados [1], promovido pola Organización Mundial da Saúde (OMS) e a Organización Nacional de Transplantes. O obxectivo da celebración é fomentar unha cultura de doazón de órganos para dar unha oportunidade de vida ós pacientes que precisen desta intervención.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos