O Riverside International Raceway é un circuíto automobilístico situado en Riverside, California, Estados Unidos.
O circuíto construíuse para acoller diferentes carreiras de motor, e por iso ten diferentes configuracións de trazado:
- A configuración máis longa ten unha lonxitude de 5,25 km.
- A segunda configuración ten unha lonxitude de 4,16 km.
- A terceira configuración, que é a que se utiliza nas carreiras da NASCAR, ten tamén unha lonxitude de 4,16 km.
Neste circuíto producíronse diversos accidentes mortais, comezando a longa lista xa a primeira fin de semana da primeira carreira que se disputou.
A Fórmula 1
No circuíto de Riverside disputouse unha vez o Gran Premio dos Estados Unidos, Gran Premio dos Estados Unidos de 1960, e, como no circuíto de Sebring debido a pouca afluencia de público e ós elevados custos da organización da carreira, esta pasou a Watkins Glen na tempada seguinte.
Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Riverside International