O movemento foi fundado por John Thomas, un médicoinglés nos Estados Unidos que estaba desilusionado co Restauracionismo de Alexander Campbell[11] Thomas volveu a Inglaterra para escribir o seu libro Elpis Israel ("A Esperanza de Israel") en 1848-1849 e atopou moitos simpatizantes entre os adventistas e unitarios no seu país de orixe[12] En 1850 volveu aos Estados Unidos e organizou as primeiras asembleas. As congregacións en Gran Bretaña foron en gran parte formadas por un xornalistaescocés chamado Robert Roberts[13][14].
Crenzas
As súas crenzas distintivas inclúen:
A Biblia é a palabra de Deus, pero debe ser lida con intelixencia. O lector debe distinguir o que é metafórico do que é literal[15][16][17][18].
Non aceptan a doutrina da Santísima Trindade[19] Cren que Xesús non existía antes do seu nacemento, excepto no plano do seu pai[20] O versículo que di "eu descendo do ceo" interprétano como metáfora que fai referencia ó seu nacemento milagroso dunha virxe, e non a unha existencia real no ceo antes da concepción[21].
Consideran que a morte é un sono que dura ata o momento da resurrección[22] Isto inclúe o propio Cristo, que estivo literalmente morto durante tres días no seu túmulo[23]. Para os crentes, a resurrección terá lugar cando Cristo regrese[24] Polo tanto, non cren na inmortalidade da alma nin que Deus castiga as almas para sempre no inferno. A inmortalidade debe ser dada por Deus. Distinguen estritamente os dous conceptos de Hades e Geena na Biblia.
Cren que o demo é unha alegoría da tentación. Xustifican esa idea sobre a natureza simbólica de Satanás en Xob e Zacarías, e na incompatibilidade de crer en anxos caídos e, ó mesmo tempo, nun Deus todopoderoso[25][26].
Comunidade
A comunidade christadelphian non ten sé nin xerarquía, está formada por igrexas locais nas cales as funcións de ensino e culto rotan cada semana. Non existen ministros nin pastores, cada igrexa elixe unha comisión de anciáns anualmente.[27].
A entrada na comunidade faise a través dun bautismo de inmersión cando o individuo é adulto. O único rito da igrexa é unha simple cerimonia de comuñón[28].
Non teñen regras contra o consumo de tabaco, alcohol ou carne de porco. Pretenden vivir unha vida honesta, con moderación"[29].
Non pagan décimo, pero moitos membros dan apoio económico a proxectos da igrexa ou a obras de caridade en África e na India[30].
Non consideran o Nadal e a Semana Santa festividades bíblicas, pero a maioría dos cristadelfiáns aínda ven nestas festas unha oportunidade para pregar e celebrar[11].
Notas
↑BBC, Religion & Ethics—Chrisitanity: Subdivisions: Christadelphians. (en inglés)
↑Hillerbrand, H.J. The encyclopedia of Protestantism. Vol. 1, A-C. (en inglés)
↑ 11,011,1Charles H. Lippy, The Christadelphians in North America Studies, en American Religion, Vol. 43. Lewiston/Queenston: Edwin Mellen Press, 1989. ISBN 0-88946-647-5. (en inglés)
↑Wilson, A.B. History of the Christadelphians 1864-1885: the emergence of a denomination. 1997 (en inglés)
↑Norrie, W. Early History of the Gospel of the Kingdom of God in Britain. Earlston, 1904 (en inglés)
↑ 27,027,1Wilson, B.R. Sects and Society: A Sociological Study of the Elim Tabernacle. Christian Science and Christadelphians. Londres, Heinemann, 1961; Berkeley/Los Angeles: University of California Press, 1961. (en inglés)
↑UK Christian Handbook 2004 Focus on the Christadelphian Community, Multicultural Matters, outubro de 2004. Londres, Building Bridges, 2004. (en inglés)
↑Hyndman, R. The Christadelphians (Brothers and Sisters in Christ): Introducing a Bible-based Community Beechworth. Victoria, Bethel Publications, 1999. (en inglés)