Chigasaki (茅ヶ崎市, ちがさきし, Chigasaki-shi) é un concello dunha cidade da prefectura de Kanagawa no Xapón. Está situado ó sur da rexión de Kantō e no centro da prefectura, na parte leste da illa de Honshū. Chigasaki está situado no centro da área que se chama Shōnan (湘南). Ten 35,71 km² de superficie, unha poboación de 233.240 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 6.530 h/km².