Chico César (2022) |
|
Nacemento | (pt-br) Francisco César Gonçalves 26 de xaneiro de 1964 (60 anos) Catolé do Rocha, Brasil (pt) |
---|
|
Ocupación | cantante, compositor de cancións, político, escritor, compositor, cantautor |
---|
Período de actividade | 1991 - |
---|
Xénero artístico | Música vangardista, Vangardas, música popular brasileira, Fusion, Frevo (pt) , folk, Forró, Reggae e música do Brasil (pt) |
---|
Instrumento | Voz |
---|
|
Sitio web | chicocesar.com.br |
---|
|
Francisco César Gonçalves, nado en Catolé do Rocha, no 26 de xaneiro de 1964, coñecido polo seu nome artístico Chico César, é un escritor, xornalista, cantante e compositor brasileiro. Colaborou con músicos como o Chico Buarque, Maria Bethânia, Daniela Mercury, Richard Galliano, Sting, Ivan Lins, Uxía Senlle ou Luis Pastor, entre outros.[1]
Traxectoria
Primeiros anos
Chico César naceu no concello de Catolé do Rocha, no interior de Paraíba, e aos dezaseis anos trasladouse a João Pessoa. Licenciouse en xornalismo pola Universidade Federal de Paraíba. Na universidade ingresou no grupo Jaguaribe Carne, onde escribiu poesía de vangarda.
Carreira
Xornalista e músico
Pouco despois, con 21 anos, trasladouse a São Paulo. Traballando como xornalista e corrector para Editora Abril[2] formouse musicalmente na guitarra clásica (violão).
En 1991, foi convidado a facer unha xira por Alemaña, e o éxito animouno a deixar o xornalismo para dedicarse unicamente á música. Formou a banda Cuscuz Clã e comezou a actuar na discoteca Blen Blen Club de São Paulo. En 1995 publicou o seu primeiro disco Aos Vivos e o seu primeiro libro Cantáteis, cantos elegíacos de amizade (ed. Garamond).
Fíxose coñecido a nivel nacional e internacional en 1996 pola canción "Mama África".[3] O vídeo musical da canción gañou o premio "Melhor Videoclipe de MPB" no MTV Video Music Brasil (VMB) de 1997 e está considerado como un dos referentes de MTV Brasil.[4][5][6]
En 2007, participou na película Paraíba, Meu Amor, do cineasta suízo Jean Robert-Charrue, cuxo tema musical escribiu para a banda sonora.[7][8]
En xaneiro de 2022 publicou un sinxelo con Laila Garin, "Vermelho Esperança", escrito por el e extraído da banda sonora do espectáculo A hora da Estrela – O canto de Macabéa, interpretado en 2020 e inspirado na obra A Hora da Estrela, por Clarice Lispector.[9]
Secretaría de Cultura de Paraíba
Chico César tomou posesión como presidente da Fundación Cultural de João Pessoa (Funjope) en maio de 2009. De xaneiro de 2011 até decembro de 2014 foi Secretário de Cultura do Estado de Paraíba.[10]
En Galiza
Chico César visitou o país galego en múltiples ocasións. En 2003 compuxo xunto a Uxía o tema "Avenida atlántica" sobre as vivencias do mar e o Prestige, que tocou en Pontevedra.[11] Participou despois en festivais como Cantos na Maré (2014 e 2018)[12] onde cantou coas Tanxugueiras e Kepa Junkera,[13] e Festival Maré (2022) ou as Festas do Apóstolo de Santiago (2019).[14] En 2023 colaborou co proxecto Ponte... nas Ondas! xunto a Ana e Uxía Senlle, Celina da Piedade e Cheny Wa Gune.[15]
En 2008, a súa obra de poesía foi publicada en Galiza, antes do que en Portugal, por Edicións Positivas.[16]
Discografía
- Álbums de estudio
- Aos Vivos (1995)
- Cuscuz Clã (1996)
- Beleza Mano (1997)
- Mama Mundi (1999)
- Respeitem Meus Cabelos, Brancos (2002)
- De Uns Tempos pra Cá (2006)
- Francisco, forró e frevo (2008)
- Estado de Poesia (2015)
- O amor é um ato revolucionário (2019)
- Vestido de Amor (2022)
Premios e nomeamentos
- 1996: Gañou o premio Revelación Rexional no Prêmio Sharp polo álbum Cuzcuz Clã;[17][18]
- 1996: Gañou o premio ao mellor compositor no Best of 1996 da Asociación Paulista de Críticos de Arte polo álbum Cuzcuz Clã ;[19]
- 1996: Gañou o premio Canción do Ano en Melhores do Year pola canción "À Primeira Vista";[20]
- 1997: Gañou o premio á Mellor Canción do Troféu Imprensa pola canción "À Primeira Vista";[21]
- 1997: Gañou o premio ao Mellor Vídeo MPB en MTV Video Music Brasil (VMB) polo videoclip "Mama África";[5]
- 2016: Nomeada ao premio ao mellor cantante na categoría Pop / ROCK / REGGAE / HIPHOP / FUNK no Premio da Música Brasileira polo álbum Estado de Poesia;[22]
- 2016: Nomeado ao premio ao mellor libro de poesía no Premio Jabuti polo libro Versos pornográficos.[23]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas