Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.
A chalcona (ou calcona) é unha cetonaaromática e unha enona que forma a parte central dun tipo de compostos biolóxicos importantes, que se denominan en conxunto chalconoides ou tamén chalconas. A chalcona ou bencilidenoacetofenona é o membro parental de toda a serie das chalconas. A chalcona está formada por unha molécula de prop-2-enal ou acroleína enlazada en cada extremo a un grupo fenilo. A chalcona existe en forma de dous posibles isómeros (Z e E) en función da disposición dos substituíntes que leve arredor do dobre enlace central.
Propiedades químicas
As chalconas teñen dous máximos de absorción a 280 nm e 340 nm.[2] A súa masa molecular é 208.26 g/mol, e a súa densidade 1,071 g/cm3.
Esta reacción funciona sen necesidade de ningún solvente, polo que é unha reacción en estado sólido.[3][4] Nun estudo investigando sínteses de química verde, as chalconas foron sintetizadas a partir dos mesmos materiais iniciais en auga a alta temperatura (de 200 a 350 °C).[5]
Alternativamente, as chalconas substituídas foron sintetizadas por condensación mediada por piperidina para evitar reaccións laterais como condensacións múltiples, polimerizacións, e rearranxos.[6]
↑Photochemistry of chalcone and the application of chalcone-derivatives in photo-alignment layer of liquid crystal display. Dong-mee Song, Kyoung-hoon Jung, Ji-hye Moon and Dong-myung Shin, Optical Materials, 2002, volume 21, pages 667–671, doi10.1016/S0925-3467(02)00220-3
↑P Venkatesan and S Sumathi, "Piperidine Mediated Synthesis of N-Heterocyclic Chalcones and Their Antibacterial Activity", J. Heterocyclic Chem., 47, 81 (2010).
↑Leusink, A.J.; Noltes, J.G. (1966). "Reaction of organotin hydrides with α,β-unsaturated ketones". Tetrahedron Letters7 (20): 2221. doi:10.1016/S0040-4039(00)72405-1.
↑Moritani, Yasunori; Appella, Daniel H.; Jurkauskas, Valdas; Buchwald, Stephen L. (2000). "Synthesis of β-Alkyl Cyclopentanones in High Enantiomeric Excess via Copper-Catalyzed Asymmetric Conjugate Reduction". Journal of the American Chemical Society122 (28): 6797. doi:10.1021/ja0009525.