A especie tipo era Dasypus villosus (Desmarest, 1804), hoxe clasificada como Chaetophractus villosus (Desmarest, 1804).[1]
Este xénero tamén foi coñecido como Dasyphractus Fitzinger, 1871.[1]
Etimoloxía
O nome do xénero, Chaetophractus, constríuno Fitzinger co elemento do latín científicochaeto-, derivado do grego antigo χαίτη chaítē, "melena", "cabelos longos", e palabra grega φρακτός pharktós, "armado",[2] derivada do verbo φράσσω prhássō, "cubrir, protrexer".
Literalmente: "os armados pelduos".
Especies
Na actualidade recoñécense dentro do xénero as tres especies seguintes:[1][3][4][5]
McKenna, Malcolm C. & Bell, Susan K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8.
Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World. 6ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.
VV. AA. (1968): "Dasipódios" en Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 6. Animales vertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 86–88.