O centro histórico de Évora é un espazo urbano intramuros que ten raíces que se remontan á época do Imperio Romano. A cidade aínda conserva, en gran parte da súa área central, vestixios de diversas civilizacións e culturas: celtas, romanos, árabes, xudeus e cristiáns influíron na cultura da cidade. Alcanzou a súa época dourada no século XV, cando se converteu na residencia dos reis de Portugal. A calidade arquitectónica e artística do casarío branco ou decorado con azulexos e varandas de ferro forxado, datadas nos séculos XVI a XVIII, é única. Os monumentos da cidade tiveron tamén unha profunda influencia na arquitectura portuguesa no Brasil.
O centro histórico de Évora, formado por rúas estreitas e prazas, ten unha extensión de 107 hectáreas e está claramente delimitado polas murallas medievais, cunha lonxitude de máis de 3 km.
No lado sur da antiga muralla atópase a Praza do Giraldo, da cal parten as principais rúas en forma radial.
En 1986, o centro histórico de Évora foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco.[1][2][3]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas