A rexión viñateira do Alto Douro (Região Vinhateira do Alto Douro ou Alto Douro Vinhateiro) é unha área do nordeste de Portugal de máis de 26 mil hectáreas, clasificada pola UNESCO, o 14 de decembro do 2001, como Patrimonio da Humanidade, na categoría de paisaxe cultural.
Características
Esta rexión, que está bañada polo Río Douro e forma parte do chamado Douro Vinhateiro, que produce o viño do Porto, un dos viños máis coñecidos do mundo.
A súa área total abrangue 13 municipios: Mesão Frio, Peso da Régua, Santa Marta de Penaguião, Vila Real, Vila Flor, Alijó, Sabrosa, Carrazeda de Ansiães, Torre de Moncorvo, Lamego, Armamar, Tabuaço, São João da Pesqueira e Vila Nova de Foz Côa, e representa o dez por cento da Rexión Demarcada do Douro.
Véxase tamén
Ligazóns externas