Catedral de Braga

Catedral de Braga
Sé de Braga
Datos xerais
PaísPortugal
TipoCatedral
AdvocaciónVirxe María
LocalizaciónBraga (Portugal Portugal; construción: Antigo Reino de Galiza )
Coordenadas41°33′00″N 8°25′38″O / 41.55, -8.4272222222222
CatalogaciónMonumento Nacional de Portugal
Culto
CultoIgrexa Católica
DioceseBraga
Arquitectura
ConstruciónSéculo XI-1089 (Reino de Galiza)
Estilorománico (trazas), Gótico, manuelino, barroco
Páxina webhttp://www.se-braga.pt/catedral.php
editar datos en Wikidata ]
Sé de Braga: pelourinho de Braga.
Sé de Braga.
Sé de Braga: Capela de San Xeraldo.
Sé de Braga: Capela de San Xeraldo.
Sé de Braga: túmulo de Diogo de Sousa.
Sé de Braga: claustro.

A catedral de Braga ou sé de Braga é unha catedral católica que se localiza na freguesía da , cidade e concello de Braga, distrito de mesmo nome, en Portugal.

A catedral comeza a se contruír en épocas do aínda Reino de Galiza e se constitúe na sede do bispado fundado, segundo a tradición, polo padrón do reino, Santiago o Maior, que aquí tería deixado como primeiro bispo o seu discípulo, san Pedro de Rates. Debido a esa orixe apostólica é considerada como Sacrosanta Basílica Primacial da Península Ibérica, e o seu arcebispo, Primaz das Espanhas. Posúe liturxia propia, a liturxia bracarense.

Considerada como un centro de irradiación episcopal e un dos máis importantes templos do románico no país, aquí atópanse os túmulos de Henrique de Borgoña, conde de Portugal, e súa dona, a galega Tareixa, pais de Afonso I de Portugal.

Historia

Aséntase sobre as fundacións dun antigo mercado ou templo romano dedicado a Isis, conforme testemuña unha pedra votiva na parede leste, e os muros dunha posterior basílica paleocristá.

A súa historia mellor documentada remonta á obra do primeiro bispo, Pedro de Braga, e corresponde á restauración da episcopal en 1070, da que se conservan poucos vestixios.

En 1128 comezou a construción dun edificio de cinco capelas na cabeceira, por iniciativa do arcebispo Paio Mendes, parcialmente destruído polo sismo de 1135. Respectando os canons arquitectónicos dos Beneditinos clunicenses, os traballos foron dirixidos por Nuno Paio.

En 1268 as obras aínda non estaban concluídas. O edificio continuou a ser modificado con algunhas intervención artísticas, sendo particularmente significativa a galilea, mandada construír, na fachada, por Jorge da Costa nos primeiros anos do século XVI e que sería concluída por Diogo de Sousa. Este último mandou facer as grades que agora a fechan, tendo aínda alterado o pórtico principal, (destruíndo dúas das súas arquivoltas) e mandado executar a ábsida e a capela maior, obra de João de Castilho datada de inicios do século XVI.

En 1688 destacou a campaña de obras promovida polo arcebispo Rodrigo de Moura Teles, que modificou toda a fachada ao gusto barroco, mandando executar tamén o ciborio que ilumina o cruceiro.

Nas dependencias da antiga casa do Cabido, mandada construír a comezos do século XVIII, polo arcebispo Rodrigo de Moura Teles, encóntrase actualmente o Tesouro Museo da Sé de Braga.

No século XX colocouse xunto aos claustros o túmulo da taumaturga, relixiosa e estigmatizada, irmá Maria Estrela Divina, centro de gran devoción popular. Foi sonado o seu espolio de reliquias sagradas, onde destaca o pedazo dun manto da Virxe María, na Capela das Reliquias. Na catedral atópanse arcas que seica conteñen os ósos de moitos santos, e a lendaria Araca Sagrada, cuxo contido era notábel e que noutrora saía en posesión nos días solemnes de festa. A sé de Braga está declarada Monumento Nacional de Portugal desde 1910.

Características

Templo principal

O templo románico presentaba a fachada neste estilo, ladeada por dúas torres sineiras onde se abre a portada principal.

O interior está constituído por tres naves, con seis treitos e cobertura de madeira, transepto desenvolvido e unha cabeceira coa ábsida arrodeada por dúas absidiolas. Aínda hoxe se conservan os elementos básicos desta traza, con excepción da cabeceira.

O seu altar está dedicado á Virxe María.[1]

O esencial da escultura románica da Sé sobreviviu até hoxe, estando concentrada nos portais (principal e lateral sur, a chamada "Porta do Sol") e nos chapiteis do corpo do templo.

A igrexa posúa dous órganos de tubos: o órgano do lado do Evanxeo (1737) e o órgano da Epístola (1739), obras de Simãos Fontanes e decorados en talla da autoría de Marceliano de Araújo.

É tamén notábel o túmulo do infante Afonso de Portugal, fillo de Xoán I de Portugal, de estilo e proveniencia flamenga; e a pía bautismal gótico-manuelina.

Capela de San Xeraldo

A primitiva capela, da cal só resta a estrutura das paredes, foi mandada erguer polo arcebispo Xeraldo de Moissac, baixo a invocación de San Nicolao.

En 1418-1467 o arcebispo Fernando da Guerra, após Xeraldo de Moissac ter sido considerado santo, dedicou a Capela a este antigo arcebispo de Braga, e os restos do santo sepultados no retablo principal.

A capela está decorada en talla barroca; os azulexos atribúense ao pintor António de Oliveira Bernardes.

No chan atópase a sepultura de Rodrigo de Moura Teles.

Capela dos Reis

A exemplo da construción do Mosteiro de Santa María da Vitoria da Batalha, en cumprimento a un voto de agradecemento pola vitoria das armas portuguesas na Batalla de Aljubarrota feito por Xoán I de Portugal, esta capela foi erguida en cumprimento a un voto semellante, feito polo entón arcebispo de Braga, Lourenço Vicente, presente na mesma batalla, en honra da Virxe.

En estilo gótico, encóntranse aquí os túmulos dos pais de Afonso Henriques, Henrique de Borgoña, e a súa dona, Tareixa, e o de Lourenço Vicente.

Capela de Nosa Señora da Gloria

Erguida por iniciativa do arcebispo Gonçalo Pereira para o seu monumento funerario.

O 17 de novembro de 1331, o papa Xoán XXII a través da bula "Marita tuae devotionis", concedeu a Gonçalo Pereira a autorización para gastar 6000 floríns de ouro, das rendas da mesa arquiepiscopal, na dotación da capela que planeaba construír.

O arcebispo está sepultado nun túmulo gótico, semellante ao da Sabela de Aragón, en Coímbra, obra de dous escultores: os mestres Pero e Telo García.

Capela de Nosa Señora da Piedade

Erguida por iniciativa do arcebispo Diogo de Sousa en 1513, aquí atópase o seu túmulo.

Igrexa da Misericordia de Braga

Templo renacentista incluído no conxunto da Sé de Braga.

Claustro

O actual claustro foi construído no século XIX en substitución a un anterior, gótico, e que xa no século XVIII ameazaba ruína.

Aquí atópanse hoxe en día a sepultura da irmá Maria Estrela Divina, relixiosa terciaria estigmatizada, que faleceu con fama de santidade.

Existe outro claustro anexo máis antigo, chamado Claustro dos Reis, onde se encontran sepultados os reis suevos de Gallaecia, segundo unha antiquísima tradición.

Conxunto de campás

O primeiro conxunto de campás da Sé foi inaugurado no século XVII. Ao longo dos séculos, os arcebispos de Braga engadiron novos sinos, tornandoo nun dos maiores do país.

En 1996 substituíronse vinte e tres sinos. Os sinos apeados ao longo dos séculos da Sé e das igrexas de Braga atópanse no Tesouro Museo da catedral, que conta con máis de duascentas destas pezas.

Cronoloxía

  • Século XI – Construción dunha igrexa episcopal so a iniciativa do bispo Pedro (1070-1091), sobre os restos dun grande edificio romano e outro da Alta Idade Media;
  • 1089 – Consagración da mesma por Bernardo de Sedirac, arcebispo de Toledo;
  • 1096 / 1108 - construción da capela de S. Xeraldo;
  • 1118 / 1137 - inicio da reconstrución da Sé so a iniciativa do arcebispo Paio Mendes;
  • 1135 - Derrubamento das torres por acción do sismo;
  • 1210 - Sancho I legou á Sé 2 mil morabitinos;
  • 1212 / 1228 - Reparacións na sancristía e claustro e reconstrución da capela de S. Xeraldo;
  • 1326 / 1348 - Gonçalo Pereira manda construír a capela tumularia, coñecida como capela da Gloria, xunto á de S. Xeraldo, ben como pintar o coro;
  • 1374 - Lourenço Vicente manda construír, xunto á parede norte da Sé, no lugar onde estaban sepultados os condes Henrique e Tareixa, unha capela, a capela dos reis;
  • Século XV - Data do túmulo do infante Afonso de Portugal, fillo de Xoán I;
  • 1416 / 1467 - Fernando da Guerra dotou e restaurou a Biblioteca, ben como a capela de S. Xeraldo;
  • 1486 / 1501 - Construción da galilea;
  • 1505 / 1532 - O arcebispo Diogo de Sousa procede a melloras na portada axial, retirándolle dúas arcadas e o mainel; reconstrución da capela maior, baixo o deseño de João de Castilho; construción do retablo en pedra de ançã; restauración das torres; reconstrución do claustro; restauración da capela de S. Xeraldo;
  • 1513 - Construción da capela de Xesús da Misericordia (N.ª Sra. da Piedade);
  • Século XVII, finais – Construción da sancristía grande;
  • 1704 / 1728 - Reforma ordenada por Rodrigo de Moura Teles; remodelación das capelas laterais; remodelación da capela de S. Xeraldo; aplicación de talla dourada; execución de fiestras para maior entrada de luz; execución dun ciborio no cruceiro e unha cúpula xunto ao coro alto; reforma das dúas torres da fachada;
  • 1721 - Transferencia das reixas da capela maior para a galilea;
  • 1737 - Data do cadeiral;
  • 1737 / 1738 - Construción dos órganos por Frei Simon Fontanes coa colaboración de Marceliano de Araújo;
  • 1755 - Terremoto provoca fendas nas torres;
  • 1758 / 1789 - obras no claustro; destrución do retablo da capela maior;
  • 1930 - Creación do Museo de Arte Sacra.

Notas

  1. "Evolução Histórico - Artística - Rota das Catedrais". Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2015. Consultado o 2011-07-22. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

Read other articles:

Chevrolet AvalancheInformasiProdusenGeneral MotorsJuga disebutCadillac Escalade EXTMasa produksi2001–2013PerakitanDetroit, MichiganPerancangMarc R. Asposito Grand Rapids, MichiganBodi & rangkaKelasFull-size sport utility truckBentuk kerangka4-pintu truckTata letakMesin depan, penggerak roda belakang/4WDMobil terkaitCadillac Escalade EXT, Honda RidgelineDimensiJarak sumbu roda1.300 in (33.020 mm) Chevrolet Avalanche adalah truk pikap 4 pintu yang diproduksi oleh Gener...

 

KatedralGereja Katedral Santo Yakobus AgungJerman: Innsbrucker Domcode: de is deprecated Katedral InnsbruckKatedralLokasiInnsbruck, TirolNegaraAustriaDenominasiGereja Katolik RomaSitus webwww.dibk.atSejarahDedikasiSanto Yakobus AgungTanggal konsekrasi1724ArsitekturStatusKatedralStatus fungsionalAktifPeletakan batu pertama12 Mei 1717Selesai1724SpesifikasiLebar bagian tengah gereja17 meter (56 ft)AdministrasiKeuskupanKeuskupan InnsbruckKlerusUskupYang Mulia Mgr. Manfred Scheuer Katedral In...

 

Часть серии статей о Холокосте Идеология и политика Расовая гигиена · Расовый антисемитизм · Нацистская расовая политика · Нюрнбергские расовые законы Шоа Лагеря смерти Белжец · Дахау · Майданек · Малый Тростенец · Маутхаузен ·&...

Daftar keuskupan di Botswana adalah sebuah daftar yang memuat dan menjabarkan pembagian terhadap wilayah administratif Gereja Katolik Roma yang dipimpin oleh seorang uskup ataupun ordinaris di Botswana. Konferensi para uskup di Botswana bergabung dengan para uskup di Afrika Selatan dan Swaziland dalam Konferensi Waligereja Afrika bagian Selatan (bahasa Inggris: Southern African Catholic Bishops' Conference; S.A.C.B.C.).[1] Saat ini terdapat 2 buah yurisdiksi, di mana 1 merupakan keusk...

 

AlgeriaFIBA ranking136FIBA zoneFIBA AfricaNational federationFABBWorld CupAppearances0Africa CupAppearances1MedalsFourth: (2023)African GamesAppearances1Medals Gold: (2023) The Algeria men's national 3x3 team is a national 3x3 basketball team of Algeria, governed by the Algerian Basketball Federation. It represents the country in international 3x3 (3 against 3) basketball competitions. Head Coach Merouane Bouachir. Honours Event Gold Silver Bronze Fourth Total 3x3 Africa Cup 0 0 0 1 1 Africa...

 

FC-1, FC-2, and Models 51 and 61 RCAF FC-2L Razorback Role Civil utility aircraftType of aircraft Manufacturer Fairchild Built by Canadian Vickers (under license) First flight 14 June 1926 Number built c. 180 The Fairchild FC-1 and its derivatives were a family of light, single-engine, high-wing utility monoplanes produced in the United States in the 1920s and 1930s. The aircraft was originally designed to provide a camera platform for Sherman Fairchild's aerial photography and survey busine...

Thế vận hội Mùa hè lần thứ XVIIIThời gian và địa điểmQuốc giaNhật BảnThành phốTokyoSân vận độngSân vận động OlympicLễ khai mạc10 tháng 10Lễ bế mạc24 tháng 10Tham dựQuốc gia93Vận động viên5.151(4.473 nam,678 nữ)Sự kiện thể thao163 trong 19 mônĐại diệnTuyên bố khai mạcThiên hoàng ShōwaVận động viên tuyên thệTakashi OnoNgọn đuốc OlympicYoshinori Sakai   1960 1968   Thế vận ...

 

American screenwriter Gregor Athalwin Ziemer (May 24, 1899 – August 1982) was an American educator, writer, and correspondent. He graduated from the University of Illinois at Urbana-Champaign in 1922 with an English degree.[1] Ziemer lived in Germany from 1928 to 1939, during which time he served as the headmaster of the American School in Berlin. After fleeing Germany, Ziemer returned to his wife Edna's hometown of Lake City, Minnesota. Ziemer wrote a couple of notable books about...

 

Artikel ini sebatang kara, artinya tidak ada artikel lain yang memiliki pranala balik ke halaman ini.Bantulah menambah pranala ke artikel ini dari artikel yang berhubungan atau coba peralatan pencari pranala.Tag ini diberikan pada Januari 2023. Artikel ini perlu diwikifikasi agar memenuhi standar kualitas Wikipedia. Anda dapat memberikan bantuan berupa penambahan pranala dalam, atau dengan merapikan tata letak dari artikel ini. Untuk keterangan lebih lanjut, klik [tampil] di bagian kanan. Men...

Political party in Ivory Coast This article has multiple issues. Please help improve it or discuss these issues on the talk page. (Learn how and when to remove these template messages) This article relies largely or entirely on a single source. Relevant discussion may be found on the talk page. Please help improve this article by introducing citations to additional sources.Find sources: People's Socialist Union – news · newspapers · books · scholar · J...

 

British analytic philosopher Margaret MacDonaldBorn(1903-04-09)9 April 1903London, EnglandDied7 January 1956(1956-01-07) (aged 52)London, England Margaret MacDonald (9 April 1903[1] – 7 January 1956) was a British analytic philosopher. She worked in the areas of philosophy of language, political philosophy and aesthetics. Life and education Margaret MacDonald was born in London and abandoned as a child.[2][3] She was educated at University College London and was...

 

Austronesian language of the Philippines Not to be confused with Ongan languages. OnhanLoocnon, InonhanNative toPhilippinesRegionRomblonNative speakers86,000 (2000)[1]Language familyAustronesian Malayo-PolynesianPhilippineCentral PhilippineBisayanWestern BisayanOnhanLanguage codesISO 639-3locGlottologinon1237Inonhan language map based on Ethnologue Onhan is a regional Western Bisayan language spoken, along with the Romblomanon and Asi languages, in the province of Romblon, P...

Concept in linguistics This article is about linguistics. For other uses, see Feature. In linguistics, a distinctive feature is the most basic unit of phonological structure that distinguishes one sound from another within a language. For example, the feature [voice] distinguishes the two bilabial plosives: [p] and [b]. There are many different ways of defining and arranging features into feature systems: some deal with only one language while others are developed to apply to all languages.&#...

 

1993 Israeli attack against Hezbollah in Lebanon This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Operation Accountability – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (July 2017) (Learn how and when to remove this message) Operation AccountabilityPart of the Israeli-Lebanese conflict and the South Lebanon c...

 

هذه المقالة تحتاج للمزيد من الوصلات للمقالات الأخرى للمساعدة في ترابط مقالات الموسوعة. فضلًا ساعد في تحسين هذه المقالة بإضافة وصلات إلى المقالات المتعلقة بها الموجودة في النص الحالي. (يوليو 2019) منتخب ألمانيا لكرة القاعدة تعديل مصدري - تعديل   منتخب ألمانيا الوطني لكرة ال...

Orchestra Sinfonica del QueenslandStato Australia CittàBrisbane Periodo attività1947 - ... Sito webwww.qso.com.au Modifica dati su Wikidata · Manuale L'Orchestra Sinfonica del Queensland (Orchestra Sinfonica del Queensland o QSO) è un'orchestra australiana, con sede principalmente a Brisbane, nello stato del Queensland. La QSO ha suonato il suo primo concerto il 26 marzo 1947, con l'orchestra composta da 45 musicisti, diretti da Percy Code.[1] John Farnsworth Hall fu ass...

 

Фолликул, содержащий ооцит: 1.Тека клетки 2. Гранулезные клетки фолликула 3. Ооцит 4. Гранулезные клетки ооцита 5. Клеточный слой «Зона Пилюцида» 6. Щелевые контакты, 7. Адгезивные контакты Гранулезные клетки — фолликулярный слой клеток, окружающий яйцеклетку. Отвечают за ...

 

Negara bagian Kebbi (bahasa Fulfulde: Leydi Kebbi 𞤤𞤫𞤴𞤣𞤭 𞤳𞤫𞤦𞥆𞤭) adalah sebuah negara bagian di barat laut Nigeria, Negara bagian Kebbi berbatasan dengan negara bagian Sokoto dan Zamfara di sebelah utara, dan di sebelah selatan dengan negara bagian Niger, sementara perbatasan baratnya merupakan bagian dari perbatasan nasional dengan Republik Benin dan Niger.[1] Dinamai sesuai dengan nama kota Birnin Kebbi yakni ibu kota dan kota terbesar di negara bagian i...

Possible spatial distributions of light incident on a surface. Five basic cesias: black, matte, specular, translucent, and transparent. Diagram of the order system for cesias. A scale of cesia: from transparent to opaque (variation of permeability), by mixing clear water and milk. A scale of cesias from specular to matte (variation of diffusivity), by progressive tarnished of a mirror. A scale of cesias from transparent to black (variation of darkness), using neutral density filters.Cesia is ...

 

Naval engagement during the Gulf War Battle of Ad-DawrahPart of the Persian Gulf WarUSS NicholasDate18–19 January 1991LocationAd-Dawrah Offshore Oil FieldsResult Coalition victoryTerritorialchanges Ad-Dawrah capturedBelligerents Iraq  United States United Kingdom KuwaitCommanders and leaders Saddam Hussein Norman Schwarzkopf Peter Billière Jaber IIIStrength 50+ marines1 Zodiac 1 frigate (USS Nicholas)1 fast attack ship (Istiqlal)US Navy SEALsUSN & RN helicoptersCasualtie...