A Catedral de Berlín (en alemán Berliner Dom) é a catedral da Igrexa Evanxélica de Alemaña, construída en Berlín entre 1895 e 1905. Atópase na Illa dos Museos, coa súa portada cara ó xardín Lustgarten e ó Palacio Real berlinés (Berliner Stadtschloss).
Historia
Foi levantada no lugar onde anteriormente estaba outra catedral barroca, construída por Johann Boumann, culminada en 1747, e posteriormente remodelada por Karl Friedrich Schinkel en estilo neoclásico. Esta catedral demoleuse no ano 1894 por orde do emperador Guillerme II e substituída pola actual, deseñada por Julius Raschdorff en estilo neobarroco.
Foi seriamente danada polos bombardeos aliados durante a segunda guerra mundial. Os traballos de reconstrución comezaron en 1975 e concluíron en 1993,[1] cun novo deseño da parte superior máis simple e de menor altura cá orixinal.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos