A casiterita adoita conter un 87 % de estaño e un 21 % de osíxeno (ademais de ferro, tántalo e outros minerais). É fráxil e resistente aos ácidos. Aparece en cristais grosos, prismáticos, case sempre en macla pertencentes ao sistema tetragonal (con variantes ditetragonais e dipiramidais). Con pouca frecuencia dáse o chamado estaño acicular, con cristais finos en forma de agulla, ou en forma de estaño leñoso, parecido á madeira. É habitual velo en forma de gránulos globulares soltos (estaño de pracer).
Depósitos
Xeralmente hai dous tipos de depósitos. Os máis produtivos son os que se forman en profundos procesos xeolóxicos de deposición, como as intrusións graníticas, nas que a casiterita aparece incrustada en rochas duras tales como cuarzos ou pegmatitas. O segundo tipo de depósitos é o resultado da sedimentación fluvial na que os nódulos de casiterita, polo seu propio peso, se asentan nos leitos dos ríos por efectos mecánicos.
É un mineral fundamental para a obtención de estaño, que, logo, é empregado en aliaxes diversas (bronce, latón). Dado que, ao aliarse con outros metais, provoca un descenso considerable do punto de fusión (ás veces, pouco máis de 200 °C) é moi práctico en materiais de soldadura e en pigmentoscerámicos. Ademais, grazas á súa extraordinaria resistencia á degradación ambiental é moi usado en cubertasanticorrosivas.