O edificio é de fábrica de cantaría de granito con cuberta de tella. Consta de planta terrea e un sobrado. No século XX foi obxecto de reformas, no que se lle engadiu a balaustrada superior e un segundo andar máis. O último andar remata coa balaustrada e un balcón.
Destaca pola riqueza da ornamentación: as oito gárgolas da cornixa, as métopas, as ménsulas e os canzorros labrados na parte inferior do balcón e a decoración a base de acios que enmarcan as portas inferior e superior do lado dereito e dan nome á casa. A gran cheminea acubada é unha das máis emblemáticas da cidade. Tamén ten unha representación do home verde. Na actualidade funciona como sala de exposicións adicada a autores galegos e sede do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral.
No balcón da Casa da Parra hai unha cámara web da CRTVG, que renova a imaxe cada dous segundos e abrangue aproximadamente un ángulo de visión de 90º.