A Casa da Moeda de Croacia (en croata: Hrvatska kovnica novca), anteriormente coñecida como Instituto Monetario Croata (en croata: Hrvatski novčarski zavod)[3] é unha empresa pública croata,[4] dependente do Banco Nacional de Croacia, que se encarga da produción da moeda de curso legal nese país europeo.
A compañía produce tamén moedas conmemorativas e de investimento en metais preciosos, así como medallas de ouro e prata, medallóns conmemorativos, insignias de diferentes metais e placas de matrícula. No entanto, non produce papel moeda.[5]
Historia
A ceca pública fundouse na localidade de Sveta Nedelja, na provincia de Zagreb, o 23 de abril de 1993 e comezou a súa actividade o 14 de xaneiro de 1994.[6]
O 2 de xaneiro de 2021, a entidade anunciou que o seu novo nome sería Casa da Moeda de Croacia.[3]
O 18 de xullo de 2022, a Casa da Moeda de Croacia comezou a producir as moedas en euros con motivos nacionais croatas, que entraron en circulación o 1 de xaneiro de 2023, en substitución das do anterior sistema monetario nacional da kuna croata.[7][8][9][10]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas