Carro galego![]() Un carro galego é un tipo de vehículo de tracción animal propio do pobo galego, xeralmente tirado por parellas de bois, vacas, cabalos ou machos. Está provisto dunha vara para enganchar o tiro máis un bastidor de táboas e listóns de madeira sobre un rodado, para levar a carga. O carro galego máis típico está composto por unhas 50 pezas, sen contar accesorios para traballos especiais. O seu peso adoita superar os 500 kg e a súa lonxitude é duns 5 m, con rodas macizas de 1 m de diámetro. Eran construídos polo fragueiros, carpinteiros especializados na súa fabricación e reparación, que traballaban nos seu propio taller ou por veces na casa dos seus clientes. O fragueiro escollía as árbores máis axeitadas e encargábase de todo o proceso construtivo, dende a talla ó remate final.[1] HistoriaCarro é unha palabra de orixe celta. Os primeiros carros están ligados ó invento da roda e apareceron hai máis de 5.000 anos. A representación máis antiga coñecida dun carro en Galiza atopouse en 2010 nunha estela da Idade de Bronce en Castrelo do Val, Ourense.[2] Na pedra erixida entre 1200 ou 1000 anos antes da era actual vese a un guerreiro co seu armamento e un carro de guerra con rodas de dous eixes tirado posiblemente por dous cabalos. Ata mediados do século XX os carros formaron parte da paisaxe cotiá do rural galego, eran o medio de transporte máis habitual para todo tipo de cargas, e era moi característico o son que producían, o "canto do carro"[3], producido pola fricción do eixo, e que se podía escoitar ata 1 km de distancia. Moitas veces os carreteiros rivalizaban entre si por cal soaba mellor, variando o seu son segundo apertaran máis ou menos as treitoiras ou mollando o eixo. Partes do carro![]() A denominación das partes do carro[4][5] presentaba moitas variantes locais, por veces a mesma peza tiña diferentes nomes en dúas localidades veciñas. O chedeiro é a plataforma na que se deposita a carga. Está composto por:
O rodado ou pé está composto polas rodas e o eixo. É unha característica distintiva do carro galego que as rodas e o eixo forman un só conxunto unido de xeito ríxido.
Para a súa construción empréganse madeiras de diferentes árbores[7]: carballo nas partes que requiren máis resistencia (chedas, treitoras), salgueiro nas partes que requiren algo de flexibilidade (fungueiros), ameneiro ou freixo para aguantar a fricción no eixo, etc. Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigosLigazóns externas
|