Carmen Ruiz Repullo, nada en Córdoba o 25 de xaneiro de 1976, é unha socióloga española especializada en violencia de xénero na adolescencia e na mocidade, que foi galardoada co Premio Meridiana en 2017.[1]
Traxectoria
Estudou ciencias políticas e socioloxía na Universidade de Granada. En 2016, conseguiu o seu doutoramento en socioloxía na Universidade Pablo de Olavide en Sevilla, co traballo titulado Los peldaños perversos del amor. El proceso de la violencia de género en la adolescencia.[2] Posteriormente, cursou o Master Erasmus Mundus sobre Estudios de las Mujeres y Género pola Universidade de Granada e a Universidade de Utrecht en Holanda.
Desde os seus inicios, en 2005, colaborou na posta en práctica e avaliación do I Plan de Igualdade entre Mulleres e Homes na Educación, en Andalucía.[3] Nese sentido, Ruíz imparte formación en materia de xénero e prevención da violencia de xénero para profesorado, alumnado, familias e persoal técnico de administracións públicas. Realizou labores de consultoría para distintos organismos públicos como a Universidade Internacional de Andalucía (UNIA), o Instituto Andaluz de la Mujer (IAM) e a Consellería de Educación da Xunta de Andalucía, ou o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte do Goberno de España.
Formou parte do equipo de profesionais que deseñaron o programa Skolae, un proxecto de referencia en España que destaca por tratarse dun itinerario integral (colexio, familias, profesorado e alumnado) que dota de ferramentas para educar en Igualdade.[4]
No seu libro La historia de Pepe y Pepa, Ruíz representa a violencia de xénero nunha escaleira na que os dous protagonistas, adolescentes que acaban de comezar unha relación, van subindo chanzos. En cada chanzo, Pepe controla un pouco máis a Pepa, e os exemplos que utiliza están baseados en feitos reais que foi extraendo das súas charlas e obradoiros.[5]
Ruíz advertiu de que “o porno mainstream converteuse hoxe na formación sexual da adolescencia e mocidade, a falta de educación sexual nas aulas” e alertou de que en 40 anos o porno evolucionou dos espidos femininos a imaxes que deshumanizan, erotizan e normalizan a violencia extrema contra as mulleres e que os mozos toman como modelo a imitar”.[6]
Recoñecementos
En 2017, Ruíz foi galardoada co premio Meridiana na modalidade niciativas que promueven la educación, pola súa traxectoria no campo da escola coeducativa e libre de violencia machista.[7]
Obra
Entre as súas publicacións atópanse manuais, tales como a guía do xoguete non sexista "Nuevas formas de jugar, campaña del juego y el juguete no sexista, no violento", 2007 da Xunta de Andalucía, e numerosos libros entre os que cabe destacar:[8]
- "Voces tras los datos. Una mirada cualitativa a la violencia de género en adolescentes", 2016. Instituto Andaluz de la Mujer.[9]
- "La construcción social de las relaciones amorosas y sexuales en la adolescencia : graduando violencias cotidianas", 2014. Deputación de Xaén. [10]
- "Abre los ojos: el amor no es ciego", 2009. Instituto Andaluz de la Mujer. Depósito Legal SE-5904-09.[11]
- Cambios Sociales y Género I y II, 2016.[12]
- Igualdad de Género (Aprender es crecer en conexión), Anaya 2016.[13]
Notas