Carlos Monasterio

Modelo:BiografíaCarlos Monasterio
Biografía
Nacementoc. 1890 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte1938 Editar o valor en Wikidata (47/48 anos)
Fraga, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte en combate, explosión Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola Superior de Comercio da Coruña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, perito mercantil, futbolista Editar o valor en Wikidata

Carlos Monasterio Valeiro, nado na Coruña cara a 1890 e finado en Fraga (Huesca) en 1938, foi un perito mercantil e político galego.

Traxectoria

Visita á campa de Vicente Viqueira en Ouces (Bergondo), en 1930. Co gallo da homenaxe a Manuel Lugrís Freire. De esquerda a dereita, Víctor Casas, Carlos Monasterio, Benito Ferreiro, Lugrís, familiar de Bernardino Varela, Emilio González López, Salvador Mosteiro, asistente descoñecido, Bernardino Varela e Manuel María González.[1]

Fillo de José Monasterio Imperio, un empregado de comercio vencellado ao republicanismo coruñés,[2] estudou na Escola Superior de Comercio da Coruña e fíxose perito mercantil. Durante a súa xuventude foi futbolista e militou no Real Club Coruña.[3] Tras pasar un tempo en Chile, onde estaban emigrados seus irmáns,[4] regresou a Galicia en 1917 e ese mesmo ano foi nomeado inspector-instrutor do Asilo da Coruña.[2] Posteriormente foi interventor do concello de Ortigueira (1928) e administrador de libros da Deputación da Coruña (1929).[5] Amigo de Alfredo Somoza, foi un dos fundadores das Irmandades da Fala da Coruña, da que foi secretario en 1922 e despois vogal e tesoureiro. O 18 de maio de 1930 fundou con Fernando Osorio Docampo e Ánxel Casal o semanario republicano Adelante, que se mantivo até mediados de 1931. Coa República foi secretario particular de Casares Quiroga.

Ao estalar o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 refuxiouse en Sobrado dos Monxes. Foi detido e condenado a morte, pero conseguiu a conmutación da pena e fuxiu a Lisboa, de onde marchou a Chile para reunirse cos seus irmáns. Permaneceu en Chile ata mediados de 1937, e volveu á España republicana sendo nomeado comisario político na fronte de Aragón. Morreu en Fraga (Huesca), ao ser alcanzado por unha bomba nun ataque aéreo.

Vida persoal

Casou con Silvina Ruibal Fraga en 1924 e foi pai de Carlos Monasterio Ruibal.

Notas

  1. Diéguez, Uxío-Breogán (2016). "As Irmandades da Fala, fitos e logros no seu fecundo evoluir (1916-1931)". As Irmandades da Fala (1916-13931): reivindicación identitaria e activismo socio-político-cultural no primeiro terzo do século XX. Edicións Laiovento. ISBN 978-84-8487-330-3. 
  2. 2,0 2,1 "Un nombramiento". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de maio de 1917. p. 2. 
  3. "De Sport". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de maio de 1917. p. 1. 
  4. Torna, Cilia (21 de decembro de 2018). "Carlos Monasterio, o martirio dun irmandiño". Nós Diario. Consultado o 26 de xaneiro de 2025. 
  5. La Voz de Galicia, 3-5-1929, p. 4.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas