Foi o segundo de tres fillos de Franziska e Simon Spitzweg. O seu pai, rico mercador,fíxolle estudar farmacia. Carl comezou a pintar logo dunha enfermidade en forma autodidacta, copiando os traballos dos mestres flamengos. As súas primeiras obras propias foron contribucións a revistas satíricas.
Máis tarde, Spitzweg visitou os centros artísticos europeos, onde estudou a obra de varios artistas e refinou a súa técnica e estilo: nas súas viaxes visitou Praga, Venecia, París, Londres e Bélxica.
As súas últimas obras son case todas retratos humorísticos e excéntricos.