O cardo de santa María ou cardo leiteiro[1][2] é unha planta herbácea da familia das compostas (Asteraceae) orixinaria das rexión mediterráneas de clima temperado de Europa. Cómpre ter en conta que o nome de cardo leiteiro tamén o recibe a especie: Cistanche phelypaea.
Emprégase como planta medicinal, tendo a propiedade de actuar como antioxidante.
O emblema de Escocia é outro cardo, o cardo asneiro (Onopordum acanthium), pero o cardo leiteiro tamén é coñecido en lingua inglesa como "cardo escocés" (Scotch thistle).[3]
Notas
Véxase tamén