Carboxipeptidase A

Carboxipeptidase A
Carboxipeptidase A do páncreas bovino
Identificadores
Número EC 3.4.17.1
Número CAS 9031-98-5
Bases de datos
IntEnz vista de IntEnz
BRENDA entrada de BRENDA
ExPASy vista de NiceZyme
KEGG entrada de KEGG
MetaCyc vía metabólica
PRIAM perfil
Estruturas PDB RCSB PDB PDBe PDBj PDBsum
Gene Ontology AmiGO / EGO

A carboxipeptidase A é o nome que normalmente se utiliza para referirse ao encima exopeptdase pancreático que hidroliza enlaces peptídidcos de residuos de aminoácidos C-terminais con cadeas laterais aromáticas ou alifáticas. Agora o máis habitual é denominar esta carboxipeptidase como CPA1 (carboxipeptidase A1) e a outro encima pancreático relacionado como CPA2 (carboxipeptidase A2), pero hai máis CPAs.

Tipos

Ademais da CPA1 e CPA2 pancreáticas, hai outros catro encimas de mamíferos que se denominan con números desde CPA-3 a CPA-6, pero ningún deles se expresa no páncreas. Estes outros encimas de tipo CPA teñen diversas funcións.

  • CPA3 (tamén chamado CPA de mastocito) está implicado na dixestión de proteínas que fan os mastocitos.
  • CPA4 (que antes se chamaba CPA-3, pero foi renumerado cando o CPA de mastocito foi designado tamén como CPA-3) pode estar implicado na progresión de tumores, pero é un encima que polo momento non foi ben estudado.
  • CPA5 non foi estudado.
  • CPA6 exprésase en moitos tecidos durante o desenvolvemento dos ratos e en adultos mostra unha distribución máis limitada no cerebro e outros varios tecidos. O CPA6 está presente na matriz extracelular, onde é encimaticamente activo. Unha mutación humana no CPA6 foi ligada á síndrome de Duane (movementos anormais do ollo). Recentemente, atopáronse mutacións en CPA6 ligadas á epilepsia.

Función

A CPA1 e a CPA2 (e presumiblemente todas as outras CPAs) empegan un ión cinc (Zn) no sitio activo da proteína para a hidrólise do enlace peptídico do residuo de aminoácido do extremo C-terminal. A perda do Zn orixina a perda de actividade, que pode ser recuperada reintegrando o Zn ou substituíndoo por outros metais divalentes como cobalto ou níquel. A carboxipeptidase A prodúcese no páncreas e é fundamental en moitos procesos do corpo humano como a dixestión, modificación postraducional de proteínas, coagulación do sangue e reprodución.

Aplicacións

A ampla gama de funcionalidades que ten esta proteína faina un modelo ideal para a investigación en relación con outras proteases de cinc de estrutura descoñecida. Recentes investigacións biomédicas sobre colaxenases, encefalinases e o encima convertedor da anxiotensina utilizaron a carboxipeptidase A para inhibir as sínteses e facer probas cinéticas. Por exemplo, un fármaco co que se trata a presión arterial alta chamado Captopril, foi deseñado baseándose nun inhibidor da carboxipeptidase A. A carboxipeptidase A e o encima diana de Captopril, o encima convertedor da anxiotensina, teñen estruturas moi similares, xa que conteñen un ión cinc no sitio activo. Isto permitiu utilizar un potente inhibidor da carboxipeptidase A para inhibir o encima e así baixar a presión arterial por medio do sistema renina-anxiotensina-aldosterona.[1]

Estrutura

A carboxipeptidase A (CPA) contén un centro metálico de cinc (Zn2+) en xeometría tetraédrica con residuos de aminoácidos próximos para facilitar a catálise e a unión. Dos 307 aminoácidos que forman a súa cadea peptídica, os seguintes residuos de aminoácidos son importantes para a catálise e a unión; Glu-270, Arg-71, Arg-127, Asn-144, Arg-145 e Tyr-248. A figura 1 ilustra o sitio activo co complexo de cinc tetraédrico cos residuos de aminoácidos importantes que rodean o complexo.[2]

Figura 1. Sitio activo da CPA

O metal cinc funciona como un catalizador ácido de Lewis fortemente electrofilico que estabiliza unha molécula de auga coordinada, así como estabiliza os intermediarios negativos que ocorren por medio dunha reacción hidrolítica. A estabilización da molécula de auga coordinada e dos intermediarios negativos está asistida por residuos polares do sitio activo que están en estreita proximidade para facilitar a formación de pontes de hidróxeno.[2] O sitio activo pode describirse como dividido en dous subsitios denominados S1’ e S1. O subsitio S1’ é o peto hidrofóbico do encima e Tyr-248 actúa cubrindo o peto hidrofóbico unha vez que o substrato ou o inhibidor están unidos (SITE).[2] A formación de pontes de hidróxeno entre o grupo hidroxilo da Tyr-248 facilita esta conformación debido á interacción cos carboxilatos terminais dos substratos unidos. Cómpre que se produza un movemento substancial para que o modelo de axuste inducido deste encima explique como se produce a interacción.

Unha tríade de residuos interacciona co carboxilato C-terminal por medio de pontes de hidróxeno:

  • Un enlace salino coa Arg-145 cargada positivamente.
  • Ponte de hidróxeno desde a Tyr-248.
  • Ponte de hidróxeno desde o nitróxeno da amida da Asn-144.

Mecanismo

A carboxipeptidase A clasifícase como metaloexopeptidase e consta dunha soa cadea polipeptídica unida a un ión cinc. Este caracterísitco ión metálico está localizado no sitio activo do encima, xunto con cinco residuos de aminoácidos que están implicados na unión ao substrato: Arg-71, Arg-127, Asn-144, Arg-145, Tyr-248 e Glu-270. Os estudos de cristalografía de raios X revelaron cinco subsitios na proteína. Estes sitios alostéricos interveñen na creación de especificidade encima-ligando observada na maioría dos encimas. Un destes subsitios induce un cambio conformacional na Tyr-248 despois da unión da molécula de substrato no sitio activo primario. O hidroxilo fenólico da tirosina forma unha ponte de hidróxeno co carboxilato terminal do ligando. Ademais, fórmase unha segunda ponte de hidróxeno entre a tirosina e un enlace peptídico de substratos péptidos máis longos. Estes cambios fan que o enlace entre o encima e o ligando, sexa este un substrato ou un inhibidor, sexa máis forte. Esta propiedade da carboxipeptidase A leva a cumprir a primeira cláusula da hipótese do "axuste inducido" de Daniel E. Koshland.

O subsitio S1 é onde ocorre a catálise, e o ión cinc está coordinado polos residuos Glu-72, His-69 e His-196 do encima. Existe un plano que corta en dous a fenda do sitio activo, onde os residuos Glu-270 e Arg-127 están en lados opostos do complexo cinc-auga acoplado. O cinc é rico en electróns debido aos ligandos de glutamina que o coordinan porque antes de que se una o substrato, o Glu-72 coordina como bidentado pero cambia a monodentado despois da unión do substrato. Como resultado, o metal cinc non pode desprotonar a molécula de auga coordinada para formar o nucleófilo hidroxilo.[2]

Figura 2. Proteólise catalizada pola CPA promocionada pola molécula de auga coordinada.

O Glu-270 e a Arg-127 xogan un importante papel na catálise mostrada na Figura 2. A Arg-127 actúa estabilizando o carbonilo do substrato que está unido ao grupo amino da fenilalanina. Simultaneamente, a molécula de auga coordinada co cinc é desprotonada polo Glu-270 e interacciona co carbonilo estabilizado pola Arg-127. Isto crea un intermediario, mostrado na Figura 2, no cal o oxíxeno cargado negativamente está coordinado co cinc, e por medio de interaccións electrostáticas desfavorables entre o Glu-270 e o produto ionizado facilita a liberación do produto ao final da catálise.[2]

En recentes estudos computacionais, o mecanismo da catálise é similar mais coa diferenza de que a molécula de auga desprotonada se une ao carbono do carbonilo, mentres que na Figura 2 se mostra que o grupo hidroxilo se mantén coordinado ao cinc. Entón ocorre a proteólise e a molécula de auga é despois introducida de novo no sitio activo para coordinarse co cinc.[3]

Realizáronse varios estudos para explorar os detalles do enlace entre a carboxipeptidase A e o substrato e ver como isto afecta a velocidade da hidrólise. En 1934 descubriuse por medio de experimentos cinéticos que, para que o substrato se una, o péptido que vai ser hidrolizado debe estar a carón do grupo hidroxilo libre terminal. Ademais, a velocidade da hidrólise pode ser acelerada se o residuo C-terminal é alifático ramificado ou aromático. Porén, se o substrato é un dipéptido cun grupo amino libre, este sofre a hidrólise lentamente; non obstante, isto pode evitarse se o grupo amino é bloqueado por N-acilación.[4]

Está bastante claro que a estrutura do encima, ou máis en concreto o sitio activo, é moi importante para comprender o mecanismo da reacción. Por esta razón, Rees e coegas estudaron o complexo encima-ligando para buscar unha resposta clara sobre o papel exercido polo ión cinc. Estes estudos encontraron que no encima libre o número de coordinación do cinc é 5; o centro metal está coordinado con dous nitróxenos Nδ1 imidazol, os dous oxíxenos do carboxilato do glutamato-72 e unha molécula de auga para formar un tetraedro distorsionado. Porén, unha vez que se une o ligando no sitio activo da carboxipeptidase A, este número de coordinación pode variar de 5 a 6. Cando o dipéptido glicil-L-tirosina está unido, o nitróxeno amino do dipéptido e o oxíxeno carbonilo substituíron o ligando da auga. Isto dará un número de coordinación de 6 para o cinc no complexo carboxipeptidase A-dipéptido glicil-L-tirosina. Os mapas de densidade electrónica proporcionaron evidencias de que o nitróxeno amino ocupa unha segunda posición preto do glutamato-270. A proximidade destes dous residuos tería como resultado un impedimento estérico que impediría que o ligando auga se coordinase co cinc. Isto causaría un número de coordinación de 5. Os datos para ambos os casos son substanciais, o que indica que ambas as situación ocorren naturalmente.[5]

Propuxéronse dous mecanismos para a función catalítica da carboxipeptidase A. O primeiro é unha vía nucleofílica que implica un intermediario acilo encima covalente que contén a base do sitio activo Glu-270. As probas da existencia deste intermediario anhidro non son definitivas; Suh e colegas illaron o que se supón é o intermediario acilo. Porén, a confirmación do acilo encima fíxose sen experimentos de atrapamento, facendo que a conclusión sexa débil.[1]

O segundo mecanismo proposto é unha vía de auga promovida. Este mecanismo implica o ataque da molécula de auga no enlace peptídico escindible do substrato. Este proceso é promovido polo ión cinc e axudado polo residuo Glu-270.[1]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Christianson DW, Lipscomb WN (febreiro de 1989). "Carboxypeptidase A". Accounts of Chemical Research 22 (2): 62–9. doi:10.1021/ar00158a003. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Christianson, D., W., and Lipscomb, W., N. (1989) Carboxypeptidase A. American Chemical Society, Vol (22): 62-69.
  3. Valdez CE, Morgenstern A, Eberhart ME, Alexandrova AN (novembro de 2016). "Predictive methods for computational metalloenzyme redesign - a test case with carboxypeptidase A". Physical Chemistry Chemical Physics 18 (46): 31744–31756. Bibcode:2016PCCP...1831744V. PMID 27841396. doi:10.1039/c6cp02247b. 
  4. Lipscomb WN (marzo de 1970). "Structure and mechanism in the enzymic activity of carboxypeptidase A and relations to chemical sequence.". Accounts of Chemical Research 3 (3): 81–9. doi:10.1021/ar50027a001. 
  5. Rees DC, Lewis M, Honzatko RB, Lipscomb WN, Hardman KD (xuño de 1981). "Zinc environment and cis peptide bonds in carboxypeptidase A at 1.75-A resolution". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 78 (6): 3408–12. Bibcode:1981PNAS...78.3408R. PMC 319577. PMID 6943549. doi:10.1073/pnas.78.6.3408. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Read other articles:

Vora pada 1989 Motilal Vora (20 Desember 1928 – 21 Desember 2020)[1] adalah seorang politikus India yang masuk Kongres Nasional India. Ia menjabat sebagai Ketua Menteri Madhya Pradesh (1985–1988; 1989). Referensi Wikimedia Commons memiliki media mengenai Motilal Vora. ^ Dec 21, TIMESOFINDIA COM / Updated:; 2020; Ist, 16:23. Veteran Congress leader Motilal Vora passes away at 93 | India News - Times of India. The Times of India (dalam bahasa Inggris). Diakses tanggal ...

 

Squawk BoxGenreProgram berita bisnisPresenterJoe KernenRebecca Quick(2005-kini)Carl Quintanilla(2005-kini)Mark Haines(1995-2005)Negara asal Amerika SerikatBahasa asliInggrisProduksiDurasi180 menitRilis asliJaringanCNBCCNBC AsiaCNBC WorldRilisAgustus 1995 –masih ditayangkan Setting studio sejak tahun 2003 Squawk Box saat diluncurkan - 1995 Squawk Box adalah program berita dengan perpanjangan waktu 3 jam, dan disiarkan di Saluran Konsumen Berita dan Bisnis Amerika Serikat (sebagai ...

 

Questa voce sull'argomento stagioni delle società calcistiche italiane è solo un abbozzo. Contribuisci a migliorarla secondo le convenzioni di Wikipedia. Segui i suggerimenti del progetto di riferimento. Voce principale: S.E.F. Torres 1903. S.E.F. TorresStagione 1964-1965 Sport calcio Squadra Torres Allenatore Federico Allasio Presidente Nino Costa Serie C9º posto nel girone B. Maggiori presenzeCampionato: Biagi, Grottola (34) Miglior marcatoreCampionato: G. Currarini, Di Stefan...

Division 11978-1979 Généralités Sport Football Organisateur(s) Ligue professionnelle Édition 41e Lieu(x) France Monaco Date du 19 juillet 1978au 1er juin 1979 Participants 20 équipes Statut des participants Professionnel Site web officiel Site officiel Hiérarchie Hiérarchie 1er échelon Niveau inférieur Division 2 1978-1979 Palmarès Tenant du titre AS Monaco FC(3) Promu(s) en début de saison Lille OSCAngers SCOParis FC Vainqueur RC Strasbourg (1) Deuxième FC Nantes Troisième...

 

Genus of mosses Oedipodium Oedipodium griffithianum Scientific classification Kingdom: Plantae Division: Bryophyta Class: PolytrichopsidaGoffinet & W.R.Buck[3] Order: OedipodialesGoffinet & W.R.Buck[3] Family: OedipodiaceaeSchimp.[2] Genus: OedipodiumSchwägr.[1] Species: O. griffithianum Binomial name Oedipodium griffithianum(Dickson) Schwägr.[1] Synonyms[4] Bryum griffithianum Dickson Gymnostomum griffithianum (Dickson) Smith Hym...

 

Brazilian footballer For other people named Marcão or Marco Aurélio, see Marcão and Marco Aurélio. Marcão Personal informationFull name Marco Aurélio de OliveiraDate of birth (1972-07-22) 22 July 1972 (age 51)Place of birth Petrópolis, BrazilHeight 1.74 m (5 ft 8+1⁄2 in)Position(s) Defensive midfielderTeam informationCurrent team Fluminense (assistant)Youth career Mordomia BanguSenior career*Years Team Apps (Gls)1989–1998 Bangu 204 (15)1996–1997 → Crici�...

Municipal unit in Fier, AlbaniaKrutjeMunicipal unitKrutjeCoordinates: 40°52′N 19°41′E / 40.867°N 19.683°E / 40.867; 19.683Country AlbaniaCountyFierMunicipalityLushnjëPopulation (2011) • Municipal unit7,564Time zoneUTC+1 (CET) • Summer (DST)UTC+2 (CEST) Krutje is a former municipality in the Fier County, western Albania. At the 2015 local government reform it became a subdivision of the municipality Lushnjë.[1] The pop...

 

London Overground and London Underground station Blackhorse Road Class 172 Turbostar at the station in 2012Blackhorse RoadLocation of Blackhorse Road in Greater LondonLocationWalthamstowLocal authorityLondon Borough of Waltham ForestManaged byLondon UndergroundOwnerLondon UndergroundNetwork RailStation codeBHODfT categoryENumber of platforms4AccessibleYes (London Overground only)[1]Fare zone3London Underground annual entry and exit2018 9.01 million[2]2019 9.74 million[...

 

Theological seminary Asian Theological SeminaryEstablished1969PresidentRev. Dr. Timoteo D. GenerStudents1000[1]LocationQuezon City, Philippines14°38′06″N 121°02′20″E / 14.635°N 121.039°E / 14.635; 121.039Websitewww.ats.ph Asian Theological Seminary (ATS) is a theological seminary in Quezon City, Philippines.[1] Asian Theological Seminary was started in 1969 by Far Eastern Gospel Crusade (now SEND International) missionaries, including Dr. El...

British anti-vaccine organization Death the Vaccinator, published by the London Society for the Abolition of Compulsory Vaccination in the late 1800s The National Anti-Vaccination League (NAVL) was a British anti-vaccination organization that was formed in 1896 from earlier smaller organizations. Historically, the League had opposed compulsory vaccination, particularly against smallpox. It was part of a wider anti-vaccinationist movement, arguing that vaccination did more harm than good. Hist...

 

Steam-powered passenger ship located on Coniston Water, England Gondola on Coniston Water. History [1]United Kingdom NameGondola Owner Furness Railway (1859–1922) London, Midland and Scottish Railway (1923–44) Private (1945-70s) National Trust (since the 1970s) Operator Furness Railway (1859–1922) London, Midland and Scottish Railway (1923–36) National Trust (since 1979) Port of registryBarrow Builder 1859 – Jones, Quiggin & Co., Liverpool 1979 – Vickers Shipbuilders, ...

 

Israeli generalAvigdor Ben-GalNative nameאביגדור בן-גלBirth nameJanusz Ludwig GoldlustNickname(s)YanushBorn1936Łódź, Second Polish RepublicDiedFebruary 13, 2016IsraelAllegiance IsraelService/branch Israel Defense ForcesYears of service1956-1979Rank Aluf (Major General)Commands heldNorthern CommandBattles/wars1956 Suez CrisisSix-Day WarYom Kippur War Avigdor Yanush Ben-Gal (Hebrew: אביגדור בן-גל; 1936 – February 13, 2016; born Janusz Goldlust) was an Israel...

Questa voce o sezione sull'argomento centri abitati della Spagna non cita le fonti necessarie o quelle presenti sono insufficienti. Puoi migliorare questa voce aggiungendo citazioni da fonti attendibili secondo le linee guida sull'uso delle fonti. Segui i suggerimenti del progetto di riferimento. Benifairó de les Vallscomune(ES) Benifairó de les Valls/Benifairó de los Valles Benifairó de les Valls – Veduta LocalizzazioneStato Spagna Comunità autonoma Valencia ProvinciaVa...

 

Former Chief Minister of Andhra Pradesh In this Telugu name, the surname is Nandamuri. N. T. Rama RaoRao on a Commemorative Stamp dated 2000.10th Chief Minister of Andhra PradeshIn office12 December 1994 – 1 September 1995GovernorKrishan KantCabinetNTR IIIPreceded byKotla Vijaya Bhaskara ReddySucceeded byN. Chandrababu NaiduIn office16 September 1984 – 2 December 1989Governor Shankar Dayal Sharma Kumudben Joshi CabinetNTR IIPreceded byNadendla Bhaskara RaoSucceeded byMar...

 

Upper house of the National Legislature of South Sudan Transitional Council of StatesTypeTypeUpper house of the National Legislature (South Sudan) HistoryFounded2011LeadershipSpeakerDeng Deng Akon, SPLM-IO since 2 August 2021 First Deputy SpeakerMary Ayen Majok, SPLM since 2 August 2021 StructureSeats100Political groups  SPLM (46)   SPLM-IO (27)   SSOA (10)   Independents (9)   Vacants (8)Meeting placeMinistries ComplexJubaSouth Sudan Politics of South Sudan C...

Parliamentary constituency in the United Kingdom PutneyBorough constituencyfor the House of CommonsBoundary of Putney in Greater LondonCountyGreater LondonElectorate62,153 (December 2010)[1]Current constituencyCreated1918; 106 years ago (1918)Member of ParliamentFleur Anderson (Labour)SeatsOneCreated fromWandsworth (abolished, divided into four) Putney is a constituency in Greater London created in 1918 and represented in the House of Commons of the UK Parliament sin...

 

Feminist modern witchcraft organization founded in 1979 by Starhawk and Diane Baker This article possibly contains original research. Please improve it by verifying the claims made and adding inline citations. Statements consisting only of original research should be removed. (December 2021) (Learn how and when to remove this message) Part of a series onFeminism History Feminist history History of feminism Women's history American British Canadian German Waves First Second Third Fourth Timeli...

 

Łukasz SimlatLahir11 Desember 1977 (umur 46)Sosnowiec, PolandiaPekerjaanPemeranTahun aktif2000-kini Łukasz Simlat (lahir 11 Desember 1977) adalah seorang pemeran asal Polandia.[1] Ia tampil dalam lebih dari 60 film dan acara televisi sejak 2000. Filmografi pilihan Vinci (2004) Courage (2011) In the Name Of (2013) Karbala (2015) Fugue (2018) Corpus Christi (2019) Referensi ^ Łukasz Simlat. filmpolski. Diakses tanggal 2013-06-14.  Pranala luar Łukasz Simlat di IMDb (...

The Ranks of the Independent State of Croatia Armed Forces are the ranks used by the Independent State of Croatia, it had similar insignia to those of the Armed Forces of Nazi Germany.[1] Officers Rank group General / flag officers Senior officers Junior officers Officer cadet Ustaše Militia[2][3] Krilnik Pukovnik Podpukovnik Bojnik Nadsatnik Satnik Natporučnik Poručnik Zastavnik Croatian Home Guard[4] Vojskovodja General pukovnik General poručnik General ...

 

Volkswagen Transporter (T4)Volkswagen Caravelle GLInformasiProdusenVolkswagen Commercial VehiclesJuga disebutVolkswagen Eurovan (Amerika Utara)Volkswagen CaravelleMasa produksi1990–2003PerakitanHannover, JermanPoznań, PolandiaJakarta, Indonesia (Garuda Mataram Motor)Taoyuan, TaiwanBodi & rangkaKelasKendaraan komersial ringanBentuk kerangka4-pintu van5-pintu van6-pintu van2-pintu pickup platform 3-pintu pickup platform4-pintu pickup platform4-pintu campervanTata letakMesin dep...