Capturing the Killer Nurse é un filme documental británico de 2022 dirixido por Tim Travers Hawkins. O filme trata sobre o asasino en serie Charles Cullen e como os investigadores puideron demostrar que Cullen estaba matando pacientes mentres traballaba como enfermeiro en hospitais e nunha residencia de anciáns nos Estados Unidos. O filme baséase no libro de 2013 The Good Nurse de Charles Graeber e foi escrito por Tim Travers Hawkins xunto con Robin Ockleford. Foi producido por Sandpaper Films e Fifty Fifty Post. Estreouse en liña o 11 de novembro de 2022 a través de Netflix.
Contexto
Charles Cullen confesou ter asasinado arredor de 40 persoas en nove hospitais e unha residencia de anciáns durante os 16 anos que traballou como enfermeiro en Nova Jersey e Pensilvania.[1] Existen sospeitas de que o número podería ser significativamente maior. Case todos os hospitais nos que traballou albergaron sospeitas de que estaba a poñer en perigo os pacientes, pero ningún deles informou das súas preocupacións aos seguintes destinos laborais de Cullen.[2]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos