Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Canedo.
San Miguel de Canedo é unha parroquia do concello de Ourense. Segundo o Padrón Municipal en 2014 tiña 502 habitantes (237 homes e 265 mulleres).
Características
Está situada a catro quilómetros ao oeste da cidade de Ourense, e ten unha unha superficie de 6,6 km². A poboación máis importante é Quintela. Pola parte sur de Canedo pasa o río Miño. Alí habilitouse unha zona de lecer coñecida como as termas de Outariz, ao redor dunhas fontes de auga quente similares ás das Burgas de Ourense. Outras fontes de augas termais da parroquias son as Burgas de Arriba e as Burgas de Abaixo, das que mana auga entre os 60 e os 80 °C, e a Burga do Muíño.
A igrexa de San Miguel de Canedo foi reconstruída tras a guerra civil, xa que foi queimada.
Entre 1836 e 1943 pertenceu ao Concello de Canedo.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias
Lugares de Canedo
Parroquias de Ourense
Notas
Véxase tamén
Outros artigos