A Candidatura Democrática Galega foi presentada de xeito conxunto nas eleccións xerais de 1977, celebradas o 15 de xuño, para o Senado de España. Estaba formada polo MCG, o PPG, o PCG, o PSOE e máis o PSG.
Características
Agrupaba diversas personalidades do centro-esquerda galeguista e recibía o apoio do PSOE, que só se presentou en solitario en Lugo, onde non houbo candidatura de CDG. Resultaron elixidos tres senadores: Manuel Iglesias Corral (provincia da Coruña),[1] Valentín Paz-Andrade (provincia de Pontevedra)[2] e Celso Montero (provincia de Ourense).[3] Celso Montero integrouse no grupo parlamentario do PSOE, en tanto que Paz-Andrade e Iglesias pasaron ao grupo Mixto (Manuel Iglesias integrouse no grupo parlamentario de Unión de Centro Democrático en agosto de 1978).
A coalición mantívose nas eleccións de 1979, pero só Paz-Andrade se mantivo nela, mentres que Montero e Iglesias foron reelixidos respectivamente polo PSOE e UCD. CDG presentou candidatura en Pontevedra, sendo elixido Paz-Andrade o candidato máis votado da coalición pero sen conseguir saír elixido. Os outros candidatos foron Nicanor Ocampo e Maximino Sanmartín.[4]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Candidatura Democrática Galega, EGU.
Ligazóns externas