O Campionato Superrexional Grupo 1º (Galicia-Asturias),[1] tamén chamado popularmente Campionato Mancomunado Galaico-Ástur, foi un torneo interterritorial de fútbol de carácter oficial xogado por clubs galegos e asturianos durante as tempadas 1934/35 e 1935/36. Estaba situado xerarquicamente por riba do Campionato de Galicia e do Campionato de Asturias, de xeito que os clubs que tomaban parte no mancomunado non participaban no campionato galego nin no asturiano.
Historia
En 1934 a asemblea da Federación Española de Fútbol aprobou unha reestruturación das competicións futbolísticas, mediante a cal se crearon unha serie de Campionatos Superrexionais situados xerarquicamente por riba dos campionatos rexionais organizados pola federacións territoriais que se tiñan disputado tradicionalmente ata aquel momento. Galicia e Asturias foron incluídas no Grupo 1º, aportando tres equipos cada unha, formando así un campionato de seis equipos.[1][2][3][4][5]
A edición de 1934/35 viuse interrompida por causa da Folga xeral revolucionaria de 1934, dividíndose a competición en dous grupos: o asturiano e o galego[1][6], nos que resultaron gañadores o Oviedo F.C. e o Celta de Vigo respectivamente[1][7].
Ao ano seguinte volveuse disputar, desta volta sen os problemas do ano anterior, proclamándose campión o Oviedo F.C. e subcampión o Unión Sporting Club de Lavadores[8]. Esta sería a derradeira vez que se disputou. O 29 de maio de 1936, galegos e asturianos solicitaron a división do grupo superrexional perante a Asemblea anual da Federación Española de Fútbol, séndolles concedida.[9][10]
Pouco despois comezaría a guerra civil española. Os Campionatos Superrexionais non serían recuperados trala fin da contenda.
Campións
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
|
---|
Federación | |
---|
Selección | |
---|
Equipos | |
---|
Outras competicións | |
---|
Equipos desaparecidos | |
---|
Torneos desaparecidos | |
---|
Estadios (listaxe) | |
---|