Santa Cristina de Campaña é unha parroquia que se localiza no concello de Valga. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 926 habitantes (459 homes e 467 mulleres), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 975 habitantes.
Patrimonio
A igrexa de Santa Cristina é de estilo románico do século XII. Nunha das reformas ás que foi sometida descubríronse, ó retira-lo retablo, unhas interesantes pinturas góticas (dos séculos XV-XVI) no muro da cabeceira da ábsida, relativamente ben conservadas.
Lugares e parroquias
Lugares de Campaña
Parroquias de Valga
Notas
Véxase tamén
Outros artigos